RdL06
Colo un aviso da Resaca das Letras 2006:
Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega. Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos). Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.
Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!
Para calquera cousa: resaka06@gmail.com
4 Comments:
Quedoume moita mágoa de non poder ir, pero tiña un acto noutro sitio case que á mesma hora.
Semelha uma boa iniciativa. Para outro ano será.
Por certo, síntoo mas non poderei asistir ao acto dos Encontros de Marinhán na Corunha.
Un saúdo.
E ben que o sinto.
Saúde.
Eu estiven alí. Foi moi interesante a achega dos diferentes participantes, especialmente a de Dorfun. Un saúdo.
Postar um comentário
<< Home