segunda-feira, maio 15

Entrevista a Siro López en Galicia Hoxe

Facer humor da política sempre foi un asunto arriscado, sobre todo nalgúns anos. ¿Algunha vez se sentiu censurado?

Censurado pola dirección do periódico La Voz de Galicia ou de El Ideal Gallego nunca. Non obstante, na etapa do Ferrol Diario si que me sentía censurado porque eu lle levaba o debuxo ó director e dicíalle que se tiña algún problema, mo dixera. El aseguraba que non había ningún, pero ó día seguinte non saía publicado porque o conselleiro delegado así o decidía. Daquela, eu collín e, moi acertadamente, marchei, porque mo podía permitir, xa que non me dedicaba unicamente ó humor gráfico. Eu daquela traballaba tamén na oficina técnica de Bazán e puiden manter unha actitude moi digna, igual que intentei ó longo de toda a miña vida.

Despois desa primeira etapa, nunca me sentín censurado en ningún medio. Tamén é verdade que eu non son ningún necio e sei que un periódico de opinión como pode ser La Voz de Galicia ou EL CORREO GALLEGO non é unha revista de humor especializada como El Jueves, non é unha revista underground e polo tanto hai que facer as cousas dedicadas ós lectores que temos. A un señor que é católico practicante podes presentarlle unha caricatura de Rouco Varela, como as moitísimas que levo feito, e non poñelo moi ben precisamente, pero o que non podes facer é, por exemplo, atacar un dogma católico, cousa que si poderías facer nunha revista underground. Non considero que iso sexa censura ou autocensura senón simplemente utilización da propia intelixencia.

(Da entrevista realizada por Rosabel Candal a Siro López, publicada onte, domingo, 14 de Maio, no Galicia Hoxe).

3 Comments:

At qua. mai. 17, 07:32:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Interesting site. Useful information. Bookmarked.
»

 
At qua. mai. 17, 07:46:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Your website has a useful information for beginners like me.
»

 
At qua. mai. 17, 01:19:00 PM, Anonymous Anônimo said...

Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
»

 

Postar um comentário

<< Home