sexta-feira, maio 12

Contra Caneiro

Xosé Carlos Caneiro leva tempo proclamando ideias e iniciativas a prol da cultura galega (na Voz de Galicia e no Diário Cultural, que dirixe Ana Romaní na Rádio Galega) sen que, en apariéncia, surtiran efeito nengun. No entanto, e ainda que el poda pensar o contrário, acredito que tampouco está a predicar no deserto.

Por non ocupar demasiado espazo en As uvas na solaina, vou respostar aqui ao chamamento à participación colectiva no uso activo do galego.

En princípio, concordaria cos comentários realizados no blog sobre a despolitización da língua, reconhecendo sempre a contribución fundamental do nacionalismo à melhora da consideración social do galego.

A situación actual da língua require a criación de foros sectoriais e xerais onde se recolhan e proponhan planos “técnicos” e iniciativas particulares. A Internet é un médio que pode resultar ben útil tamén para desenvolver estes encontros e manter a sua continuidade. A Rede está a dar un novo pulo ao galego e o abaratamento das comunicacións telefónicas através da Internet ou similares pode ser uma via clave para a consolidación da língua e para o estabelecemento de relacións culturais e económicas entre a Galiza e a chamada lusofonia.

Gostemos ou non, a meirande parte da xente, con todo o dereito, outórgalhe valor ao benefício e desfrute mais inmediatos. E, como acontece coa Fazenda, a língua non somos só as Conselharias.

Haverá, pois, que partir duma série de premisas políticas baseadas en vantaxes e contrapartidas económicas, procurando estratéxias para evitar o confrontamento e a polarización social.

Eis algumas propostas político-administrativas e económicas necesárias:

1. Elaboración de campanhas de información e actividades formativas regulares destinadas à povoación xeral.
2. Cumprimento da Lei e do Plano de Normalización Lingüística.
3. Carta de dereitos lingüísticos e defensa xurídica efectiva.
4. Estabelecemento do galego como língua veicular en todo o ensino.
5. Normalización oral e escrita de todas as Administracións.
6. Promoción fiscal e económica da galeguización real, tanto oral como escrita, das empresas ubicadas na Galiza, con independéncia da ubicación da sua sede social.
7. Desenvolvemento de accións públicas e privadas a prol da presenza da literatura galega na sociedade.
8. Fomento da contratación privada e pública de actividades artísticas en galego.
9. Afondamento numa auténtica interrelación coas culturas “lusófonas”. Convénios de colaboración e coprodución entre grupos de comunicación galegos e lusófonos, estimulando o investimento destes últimos na Galiza.
10. Cota mínima de dobraxe do cinema e demais médios audiovisuais en línguas distintas do galego-português e realización de versións orixinais lexendadas.

(Na imaxe: Gargallo, O profeta, 1933)

2 Comments:

At qua. mai. 17, 07:28:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Interesting site. Useful information. Bookmarked.
»

 
At qua. mai. 17, 08:59:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Very pretty site! Keep working. thnx!
»

 

Postar um comentário

<< Home