segunda-feira, abril 10

Santos ofícios

Todas as comparacións adoitan seren pouco afortunadas; porén, hai algumas que resultan mais noxentas do que outras.

Un industrial arousan procesado por vários delitos contra a saúde pública, entre outros, foi interrogado polo fiscal sobre a veracidade do informe policial.

Os funcionários que procederan ao rexistro do seu domicílio aseguravan que atoparan o imputado agochado nun depósito de auga existente na vivenda.

O acusado negou a maior aclarando que, por mor das altas temperaturas rexistradas aquel dia, refuxiárase no lugar mais fresco da casa.

A cadea de radiodifusión propriedade da Conferéncia Episcopal Espanhola ven de ser expulsada da asociación que realiza o Estudo Xeral de Meios en Espanha (EGM), por intervir no proceso de elaboración das enquisas do devandito estudo.

José Antonio Abellán, responsável oficial da equipa de investigación da COPE encarregada da actuación, afirma que tentava demostrar, precisamente, que o EGM é facilmente manipulável.

10 Comments:

At seg. abr. 10, 10:02:00 PM, Anonymous Anônimo said...

A COPE facendo amigos. Curioso xeito de atraer fregueses que ten a Igrexa católica! Un saúdo

 
At ter. abr. 11, 02:37:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

A verdade é que xa cheira termos que aturar as tomaduras de pelo de todos os meios e folhas de cada respectiva parróquia.
Dito sexa sen acritude, merecen que os mandemos tomaren polo EGM, coa subseguinte quebra económica, e que vaian vender a sua verdade nua pola rua.
Saúde.

 
At qua. abr. 12, 02:38:00 PM, Anonymous Anônimo said...

Desde logo o da COPE xa entra no esquizoide. E todo parecese ser cousa do desequilibrado Losantos, porque Libertad digital... mimadriña. Vaia xoia da información veraz...

 
At qua. abr. 12, 03:49:00 PM, Anonymous Anônimo said...

Iso è como aquel que levaba un porco roubado ás costas e, cando o parou a Garda Civil dixo que non tiña nin idea de como se lle subira aquel becho alí.

 
At seg. abr. 17, 02:47:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

Náufrago, como dicia o próprio Paco Vázquez ao respeito da inoperáncia dun servizo municipal corunhés: "Queren facer tonta à xente".
Larvós, ao respeito da linha da COPE e Libertad Digital: ou se toma polo esperpéntico ou seria para temermos o pior. Recoméndoche a ligazón a Bacigalupo Zapater no comentário que fixen algo mais atrás, co título de A boneca de Kafka.
Obrigado.

 
At seg. abr. 17, 06:08:00 PM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

O locutor
Debaixo desta lousa
dorme un home
que falou trinta anos
sin decir xamais unha verdade.

Por fin está calado.

Pasa amodiño,
non sexa que desperte
e se poña a argallar novas mentiras
outros trinta anos.

(De CELSO EMILIO FERREIRO, "Cimiterio privado". Adicado a Federico, Pío, César e demáis "estrelas" radiofónicas...)

 
At seg. abr. 17, 07:10:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

Obrigado, Marcos.
De certo que esta xente poderia escrever a História Universal da Lisérxia cos olhos pechados.
Saúde.

 
At qua. mai. 17, 07:28:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Great site lots of usefull infomation here.
»

 
At qua. mai. 17, 07:46:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Very pretty design! Keep up the good work. Thanks.
»

 
At qua. mai. 17, 08:59:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Great site lots of usefull infomation here.
»

 

Postar um comentário

<< Home