quarta-feira, janeiro 25

Os imprescindíveis (III)

Sobre a polémica dos chamados dereitos de autor, Manuel Bragado aclara hoxe na Voz que o início, hai 26 anos, do seu pagamento por parte de Xerais “arrastrou a outras empresas a facelo”.

Pilar Sampil, xerente de Galaxia, editora que paga “relixiosamente aos autores dende hai 24 anos”, asegura que “hai un ruxe-ruxe por problemas puntuais de alguén, pero non se pode xeralizar”.

Para Miguel Anxo Fernán Vello, presidente da Asociación Galega de Editores, criador de Espiral Maior e ademais autor, “involucrar á administración no control dos dereitos está fóra de lugar, porque non lle compete ser árbitro cando existe un contrato privado” e lembra “que, en caso de se incumprir, están os xulgados competentes na materia para intervir”.

Prosegue dizendo Fernán Vello que no mercado do livro galego resulta “inviable o pago de dereitos de autor en tempo e forma, sobre todo cando se trata de poesía, xénero no que hai autores que propoñen pagar eles a edición”.

Xosé Henrique Acuña, de Edicións A Nosa Terra, afirma que “non temos débedas voluntarias (?) con ningún dos nosos autores” e remata por conceder: “aínda que haxa quen negocia publicación sen dereitos”.

Tamén é interesante a chamada ao sosego que fai o presidente da Asociación Galega de Editores cando deixa cair que “É o que hai, e se houbese corsés as editoriais non apostarían por autores novos”.