quarta-feira, maio 10

O hórreo

A lenda da faixa mais comentada dos últimos tempos (“PESCANOVA" SI, EcoFascistas NOn) -vese às claras que o “n” da negación en galego foi engadido despois de escrito o texto e mesmo rachando o marco- ilustra mais conflitos dos que a própria imaxe semelha querer reflexar.

Tratouse abondo xa a cuestión laboral e do desenvolvemento económico na Costa da Morte e na Galiza interior. Tamén a complicada relación entre industrialización e meio ambiente. E houvo referéncias à independéncia do poder político fronte às presións de intereses privados.

Na minha condición de ignorante acho que case todas as afirmacións que lin e escoitei estes dias sobre o asunto están cheas de razón.

Só desde o mais absoluto desconhecemento da teoria e a estrutura económica poderíase desbotar uma planta acuícola como as que xa enchen de riqueza Cabo Vilán ou o mar de Lira (obrigado ao exército belga por atraer ao espanhol cando o Prestige) e maltratar uma empresa que supedita a racionalidade do mercado e as esixéncias da competéncia, sacrificando os seus posíveis benefícios, a prol do desenvolvemento do país que a fundou e ao que tanto aportou durante toda a sua história.

Hai dias nos que un érguese co pe esquerdo -o mais demagóxico dos dous que ainda conserva- lamentando que non sexa domingo para poder ir contemplar a espectacular fervenza do Xalhas.

(Parabéns ao Parlamento por elaborar leis positivas en caso de obrigado cumprimento e, nesta cuestión, ao Governo galego, ao presidente Touriño e ao vice-presidente Quintana por manteren uma postura racional en defensa do interese común).

5 Comments:

At qua. mai. 10, 06:39:00 PM, Anonymous Anônimo said...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO BIERZO 2006
POR FALA CEIBE

SALON DE ACTOS EDIDICIO SERVICIOS MULTIPLES CAMPUS DE PONFERRADA.

DIA 12 DE MAIO ENTRE AS 5 E AS 8 DA TARDE


Este ano, na celebración do Dia das Letras no Berzo, Fala Ceibe realizará umha homenaxe a Aquilino Poncelas e a Alícia Fonteboa.

Aquilino Poncelas Abella, é autor dos livros “Contos e Lendas do Bierzo”, editado polo Instituto de Estudos Bercianos, em Novembro de 2004, com o patrocínio da Xunta da Comunidade Autónoma de Galiza, a Xunta de Castela e Leom,o Consello Comarcal do Bierzo, o Concello de Ponferrada, o Instituto Leonés de Cultura e Caixa España; “Contos do Bierzo e os Ancares”, editado pola Asociacióm Cultural Carocos, de Val Boa, en 1986; e “Estorias e contos do Bierzo e dos Ancares”, editado em 1992, a proposta da enton existente Mesa para Defensa do Galego do Bierzo e do Instituto de Estudos Bercianos, pola Direciom Geral de Política Lingüística da Xunta da CAG.

Ten publicado numerosos artigos em diversos meios de comunicaciom, asim como participado em innumerables congresos e encontros sobre tradicion popular, literatura oral, etc... Entre os seus artigos, destacamos um "Leonesistas de ficción", publicado no Diário de Leon.

Alicia Fonteboa, é autora do importante livro “Literatura de tradición oral en El Bierzo” (edicion da autora, Ponferrada, 1992); e também co-autora de “Didáctica do folclore literario”. Foi coordenadora do Atlas Lingüístico do Bierzo (ALBI), dirigido por Manuel Gutierrez Tuñón, e comenzado a publicar em 1996 polo Instituto de Estudos Bercianos.


PROGRAMA


Homenaxe:

Homenaxe a Aquilino Poncelas e Alícia Fonteboa, escritores/as bercianas/os , com umha importante actividade en defesa das tradicions culturais bercianas, publicando vários libros e sendo sempre partidários do ensino da nosa língua no Berzo. Serálles entregada unha escultura realizada polo escultor valdeorrés Henrique Rei.

Teatro:
«Espiña de Toxo», interpretada polos nenos e nenas do colégio Compostilla.

Tambén participarán com mais uma interpretación poetico-musical os nenos e nenas dos coléxios de IesEuropa,A Placa,Camponaraia,Cabelos,Corullón,Vilafranca etc...así como outros centros que ainda estám a preparar os seus traballos e que serám confirmados esta semana.

Recital Poético:

Maria Xosé Montero, Artur Alonso Novelhe, Concha Rousia e Igor Lugris recitarám diversos poemas da sua autoria e da autoría do homenaxeado.

Música:

A festa será máxima com as músicas ao vivo da Escola de Gaitas de Ponferrada, Servando Barreiro e a Agrupaçom de Pandeireteiras e Baile Abertal.

Concerto no Pub «A Gatera»

O encerramento da festa será no Pub «A Gatera» com un grande concerto de Servando e Contradança, a apresentaran en terras bercianas o seu disco «Som Voltas». Uma ruada e muitas mais surpresas amenizarám o fin de festa do Dia das Letras 2006 no Berzo.

 
At qui. mai. 11, 07:55:00 AM, Blogger galeidoscopio said...

Obrigado polo aviso (que vou inserir na bitácora) e parabéns polo trabalho.
Saúde.

 
At qui. mai. 11, 09:49:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

Semelha que é em sábado 13.

 
At qua. mai. 17, 07:32:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Great site loved it alot, will come back and visit again.
»

 
At qua. mai. 17, 08:59:00 AM, Anonymous Anônimo said...

I'm impressed with your site, very nice graphics!
»

 

Postar um comentário

<< Home