Quem mais ordena
Onte, na Corunha, un brasileiro díxome que os seus companheiros de trabalho falan todo o día en galego “porque eles são da aldeia”, sen eu lhe preguntar nada sobre o asunto. Expliqueilhe, con tranquilidade, o esencial da situación legal da lingua na Comunidade Autónoma, sen apenas entrar noutros aspectos, e ficou serio e calado.
Hoxe lin na Voz a nova da publicación, en Xerais, do estudo Estatuto xurídico da lingua galega, de Xavier Ferreira, Alba Nogueira, Anxo Tato e Luís Villares Naveira. Non tenho constancia de que se falara del en Brétemas, mais tampouco hai tanto tempo que sigo a bitácora. Por certo, súmome á súa louvanza de Lamatumbá.
2 Comments:
O libro do que falas é moi útil. Podes ver un comentario intereante no Cartafol.
Obrigado e, como xa dixen no comentario que deitei na túa bitácora, tedes máis uma venda, que sempre está ben.
Postar um comentário
<< Home