quarta-feira, agosto 3

O drago

Hai uns meses, Fernando Delgado presentaba uma demanda contra Alfonso Ussía e o diário La Razón por publicaren uma coluna insultante cara a súa persoa. Ussía baseárase en informacións falsas recolhidas nun libro de Alfredo Urdaci, sobre umas supostas palabras do escritor canário no programa que dirixia e presentaba na SER.
Manuel Rivas acudiu en lóxica defensa do agraviado, salientando a súa bonhomia —“da noble estirpe do drago”, dicia na súa coluna de El País.
No segundo aniversário do afundimento do Prestige, un ouvinte galego plantexou no programa de Delgado que o caso do petroleiro era uma mostra máis do abandono secular ao que someteran á Galiza os distintos gobernos de Espanha.
Co ouvinte xa fóra de antena, Delgado e outros membros do equipo, a falta de razóns que contraponheren aos argumentos expostos, mofáronse do sotaque do galego.