quarta-feira, fevereiro 1

A cidade da cultura

Depois da conferéncia do vicepresidente da Xunta, o pasado dia 18, no Instituto de Estudios Políticos y Sociales, baixo o título de "A Galicia responsable", hoxe amplíase a oferta cultural da Corunha coa disertación do Secretario de Organización y Coordinación da Comisión Ejecutiva Federal do PSOE, José Blanco López, que estará acompanhado polo alcaide da cidade herculina e mais o Secretário Xeral da Agrupación Socialista Corunhesa e concelheiro, Javier Losada.

Data e horas: Hoxe, quarta-feira, 1 de fevereiro às 20 horas.
Título: La España plural.
Lugar: Hotel Hesperia, Rua Juan Flórez, 16, A Corunha.

Por outra banda, amanhá, dia 2 de fevereiro, quinta-feira, terá lugar a apresentación do primeiro número da colección Letras da Academia, Poesía Galega Completa IV. Os Eoas (a obra está mais abaixo no listado desta ligazón), de Eduardo Pondal, edición de Manuel Ferreiro, e mais Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal, de Xosé Ramón Pena e Manuel Forcadela.