Melanchton (1541) vai alén: considera absurda a nova teoria e quere que as autoridades intervenhan para impediren a difusión dumas ideas que ameazan à sociedade constituída sobre o sentido común, a física aristotélica e a Sagrada Escritura. O argumento da orde pública aparecia de novo como na época de Aristarco. E se polo lado católico a reacción foi algo mais tardia, non por iso foi menos violenta.(
Juan Vernet,
Astroloxia e astronomia no Renacemento. A revolución copernicana, El Acantilado)
· Imaxe superior:
De Revolutionibus, autógrafo de Copérnico (data aproximada: 1520. A primeira edición saiu a lume en 1543).

· Copérnico,
De Revolutionibus, editado en
Basilea [1566].
4 Comments:
Está claro que os gobernantes cren que a súa orde social é tan perfecta coma o universo. E cando lles din que o cosmos é outra cousa distinta, ven tremer a terra baixo os seus pés.
Bemretornado. Paco Vasques, sinto a reiteración, antes de governar subíase a caixas de cervexa para largar as suas arengas. Agora, dalhe un ponto de apoio e promóveche o mundo.
Non creo que promova o mundo. En todo caso, promovería o seu.
Xa sabes que é un home moi familiar e referíame mais ben à pura promoción imoviliária que a espiritual.
Saúde sempre.
Postar um comentário
<< Home