O hábitat e o monxe

Con certa frecuência, os meios transmiten nas suas informacións algún dado sobre o lugar onde se deslocan os persoeiros nos que centran o seu interese. Así, Bush descansava nun rancho, Juan Carlos Borbón desfrutava da neve na estación de Baqueira-Beret, Fraga Iribarne retirávase co seu governo a un mosteiro durante a Semana Santa.
Porén, as referências periodísticas às moradas da xente ilustre nunca consideraron relevante fazeren mención à orografia do contorno: se o rancho estava situado numa amena planície, a residência réxia nun cume escarpado ou o mosteiro galego na beira duma serena lagoa.
Anos atrás, producíronse na Espanha diversos conflitos racistas nos que alunos ciganos eran rexeitados dos seus centros de ensino. Despois de os rapaces discriminados seren trasladados a outra escola, a vozeira dun centro quixo apaciguar os ánimos declarando que “os pais” (ainda non existia a corrección política de sexo no Reino) podian ficar tranquilos.
Naquel tempo, nengun estudo científico demonstrara a perda da capacidade biolóxica da reprodución no povo cigano.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home