terça-feira, abril 25

Patente de corso

LA OPINIÓN DE A CORUÑA encabezava a sua edición do pasado sábado cun titular que poderia estar perto da calúnia ao ex alcaide corunhés: “Vázquez xestiona como embaixador un empório imobiliario en Roma” (asi, ainda que en espanhol, na capa; na notícia ampliada no interior múdase “xestiona” por “administra”).

Como se non abondara coas suas actividades ilícitas mais evidentes, o xornal semelhava estar dando a entender que o actual embaixador espanhol no Vaticano estava a aproveitarse da misión diplomática para realizar negócios privados.

O control da información por parte dos meios non é uma cesión gratuita dun património cívico no que se fundamenta en boa medida o auténtico exercício da liberdade de opción política.

Calquera vulneración do dereito a receber —e o dever de transmitir— uma información veraz constitúe un grave atentado contra os princípios sobre os que se asenta a democracia real. A cuestionável prática deontolóxica na que está sumida a maior parte da imprensa na actualidade vai obrigar às persoas e às organizacións sociais a empreendermos accións xudiciais para a protección deste dereito.

6 Comments:

At qua. abr. 26, 05:13:00 PM, Anonymous Anônimo said...

¿Por que recorremos á Rede? Porque semella o único lugar onde podemos enterarnos dalgunhas cousas. Saúdos.

 
At qui. abr. 27, 03:13:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

Pois si; como a televisión, é un dos melhores inventos que alguen concebeu desde que somos grandes símios extraparlamentários.

 
At qua. mai. 03, 09:31:00 PM, Anonymous Anônimo said...

O problema vai ser cando inventen - que o inventarán - un medio para censurar, tamén, a rede.

 
At qui. mai. 04, 09:20:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

Hai quen daria algo. E cando vexas as barbas do Google chinés baixo filtro...

 
At qua. mai. 17, 07:32:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
»

 
At qua. mai. 17, 08:59:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
»

 

Postar um comentário

<< Home