A habitación chinesa
Uma reportaxe publicada, uns dias atrás, no diário AVUI asegurava que mais de 2000 persoas están a aprender chinés en Barcelona. A crecente importáncia do país asiático na economia mundial levaria a alcanzar esa cifra, desde os 300 estudantes de língua chinesa que havia na cidade no ano 2003.
O director de Proxectos Educativos da Casa Àsia de Barcelona, Òscar Pujol, mantén ao respeito desta situación que “até hai pouco, os chineses tinhan a conciéncia de seren pobres. Polo tanto, consideravan que eran eles os que tinhan de aprender línguas estranxeiras; nomeadamente, inglés. Mas todo isto mudou.”
O ensino e difusión da língua e cultura chinesas canalízase internacionalmente através do Instituto Confúcio, fundado en data tan recente como 2004 —ainda que xa existian outros organismos a menor escala—. O autor da reportaxe compara esta institución —que logo acadará as 100 sedes en diferentes países— co Ramon Llull catalán, o British Council e o Instituto Goethe.
En Barcelona pódese estudar chinés na Casa Àsia, na Escola Oficial de Idiomas, na Universitat Pompeu Fabra, na Universitat Autònoma e na Universitat Oberta de Catalunya. Cada vez mais académias privadas —e mesmo algumas escolas (como língua extracurricular, fora do horário lectivo)— oferecen a sua ensinanza.
5 Comments:
Precisamente, hai uns días dicíame un amigo que o futuro está na aprendizaxe do chinés e, co devir dos acontecementos, téñolle que da-la razón. Un saúdo.
Tamén en Ourense hai clases de chinés. Hai anuncios colocados en lugares estratéxicos (na praza de abastos, p.ex.). Ogalla co chinés, que din que é abondo difícil, viñeran tamén cara acó algunhas das cousas positivas que ten o mundo oriental...
Boedense, sen tirarlhe a razón ao teu amigo, o verdadeiro futuro pode estar no ensino do galego-brasileiro.
Que o capitalismo de estado salvaxe da República Popular (Taiwan tampouco fica atrás) tenha éxito económico internacional depende, como sempre, da permisividade internacional ao respeito da sobreexplotación laboral, política e a violación sistemática dos dereitos humanos.
Marcos, esperemos que a paciéncia imobilista confuciana non sexa un dos valores importados. Polo demais, si que hai moito para compartirmos alén das modas.
Obrigado aos dous.
Great site lots of usefull infomation here.
»
Your are Excellent. And so is your site! Keep up the good work. Bookmarked.
»
Postar um comentário
<< Home