quarta-feira, maio 18

A garrafa, meio cheia

Extraído de La Opinión A Coruña de 17 de maio:
Pode-se ler o texto completo em Servicios/Hemeroteca (Ejemplar: 17-05-2005).
Dentro de Secciones, em Contraportada.

En galego porque é de xustiza

Unha trintena de maxistrados dan pulo á normalización da lingua galega no seu ámbito de traballo.

Encabezados polo fiscal-xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela García, un grupo de maxistrados veñen de asinar unha declaración a favor do galego. Agardan que a súa iniciativa favoreza a calidade da xustiza neste país "suprimindo unha coacción tácita que o cidadán non está obrigado a padecer e que o dereito non pode consentir".

(...)

...os xuíces, fiscais e secretarios xudiciais que apoian a iniciativa da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística amosan a súa disposición a introducir na súa práctica xurídica o decreto aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do ano pasado, tanto no que atinxe á adopción do galego como lingua de contacto inicial entre a persoa que representa a Administración e o cidadán, como no que se refire a informar da validez, legalidade e mesmo conveniencia de redactar en galego un documento no momento de iniciar calquera trámite oficial.

(...)

Os maxistrados que suscriben a declaración clarexan que "como é natural, nos nosos tribunais e na nosa propia actuación garantímos a plena cooficialidade do galego e do castelán. A quen se exprese en castelán garantímoslle o dereito a ser atendido en castelán, pero queremos ofrecerlles aos que se expresen en galego a mesma posibilidade, e por iso nos adiantaremos a iniciar os actos en galego para evitar un posible ocultamento por intimidación que estaría impedindo o uso dun dereito constitucional".