segunda-feira, junho 6

Terra batida

Varios centos de miles de persoas, manifestáronse o sábado en Madrid contra a resolución do Congreso favorábel a uma negociación do goberno espanhol con ETA.
O mesmo día, xuntábanse varios milheiros en Bilbao, baixo o lema “Agora o pobo, agora a paz”.
No primeiro caso, sen embargo, os dous contendentes reais eran outros.
A manifestación de Madrid, convocada nominalmente pola Asociación de Víctimas del Terrorismo, enmascaraba uma demostración de forza do Partido Popular, dentro da súa campanha xeral de obstrucción sistemática das accións de goberno do PSOE. A utilización, máis uma vez, das víctimas é tan diáfana como a evidencia de que detrás da convocatoria por un particular dos actos de Bilbao, está Batasuna.
O Movemento de Liberación Nacional Basco, así chamado polo propio Aznar cando mantinha negociacións co seu goberno, atópase nun momento de especial debilidade. Carente de financiamento pola parte do Estado -semelha que tamén a través do imposto revolucionario, e con detencións de numerosos e relevantes membros, afirma Otegui que está predisposto á paz.
Arestora, o Partido Popular ten a vantaxe mais o PSOE está en posesión do saque. Confiemos en que se decaten de que a pelota, nesa terra, non é un xogo.