quinta-feira, novembro 3

A corte dos milagres

É mágoa que demasiada xente confunda autocrítica con autoensanhamento e panexírico con acción positiva.
A verdadeira actitude positiva e crítica consiste en procurar solucións reais aos problemas existentes.
Suso de Toro fai n’A Nosa Terra uma necesária, que non merecida, louvanza do sector editorial e literário galego.
Discrepa con toda rotundidade do tópico da dependéncia das subvencións e sostén a existéncia dun público “que trascende o límite ideolóxico”.
Compartilho que certas ideias críticas poden ser manipuladas polos etnocidas —declarados ou encobertos— da cultura galega; porén, non por iso haverá que deixar de afrontalas sen subterfúxios.
Sen distinguirse doutras culturas ou “sistemas”, se eu, persoalmente, prescindira da militáncia, deixaria de mercar as mais das publicacións periódicas, dos ensaios ou da literatura galega que, na medida do posível, tento soster.