segunda-feira, novembro 21

Velhos inimigos

Radio Nacional de España reuniu hai uns días a Manuel Fraga e a Santiago Carrillo para falar da Transición e a evolución da política espanhola desde a morte de Franco.
Os dous antigos oponentes dedicáronse abundantes mostras de eloxio mutuo. Carrillo sempre lembra, agradecido, que foi Fraga quen fixo a súa presentación pública en Madrid, no Club Siglo XXI, cando o daquela Secretário Xeral do Partido Comunista de España era a besta negra da ultradereita. O ex-presidente da Xunta salientou a aportación de Carrillo ao chamado eurocomunismo e reprochou ao PCE que tivera prescindido da súa figura política; decisión que o decurso do tempo, ao parecer, demonstraria errónea.
O antigo dirixente comunista louvou o estilo de oposición que Fraga representava nas Cortes espanholas, atribuído polo de Vilalba á súa estadia como embaixador no Reino Unido, de onde tomaria o conceito británico da “leal oposición da Súa Maxestade”.
Moito xabrón, desde logo, entre os dous homes, que tamén fixeron alguma graça sobre as súas avanzadas idades.

Escoitando aquela amável conversa, o ouvinte quixera ficar coa imaxe dos dous velhos companheiros de escano e de contenda política; de dous seres humanos facendo uma retrospectiva das súas vidas, toda vez que se atopan xa perto do final.
Un quixera esquecer as actuacións mais extemporáneas de Fraga na Galiza; en absoluto conciliáveis co desempenho dun cargo institucional democrático.
O mais doado, de feito, seria simplesmente esquecer.