quarta-feira, fevereiro 8

Canhóns por banda (Caricatura aberta à SGAE)

Estigmado Eduardo Bautista e demais tropa de artistas e xurisconsultos:

Levo anos realizando uma actividade artística pola cal, até hoxe, ainda non recevin retribución alguma –fóra do consecuente prazer espiritual e físico do acto criativo– e acho que, embora simples galego submetido à lexislación do Reino de Espanha e da Unión Europeia –que en paz descansen–, como autor intelectual e material duma cuestionável obra multidisciplinar, véxome na moi satisfactória obriga de asignarlhes a sua correspondente parte do pastel.

A minha intervención plástica (para alén do conceito de instalación e performance) consiste na transformación dun material orgánico de diversa composición, textura e procedéncia, por meio duma complexa reacción fisico-química gastro-duodenal parasimpática, nun produto filharmónico, escultórico, aromaterapéutico e gastronómico que, sen perxuízo de melhor critério e deixándoo à livre consideración do receptor da obra, decidin baptizar cuma eufónica onomatopeia e, asemade, estarrecedora metáfora do desacougante impacto pragmático-resolutivo asistencial que caracteriza aos nosos tempos.

“EAGS”, en fin, ven sendo o nome deste meu morno artefacto partoxenético.

Para calquera comunicación ou calquera outro acto –consentido por ambas as minhas partes– que quixeran levar a termo, poden ponherse en contacto con esta bitácora ou ben dirixirse a:

autoresdemerda.com (páxina persoalmente transferível)
canonpirata@sxamc.es (Sociedade Xeral de Autores da Mesma Corda, en constitución)
tomarvento.org