BLOG "Falamos galego. En positivo"
Colo parte da Presentación de "Falamos galego. En positivo", blog criado por Marcos Valcárcel e Afonso Vázquez-Monxardín.
Conta con artigos de Xurxo Sierra Veloso, Alfredo Conde, Manuel Bragado, Helena Villar Janeiro ou Víctor Freixanes e notícias de diversos xornais relacionadas coa língua:

O paso seguinte precisa da colaboración de todos/as vostedes: agardamos polas súas reflexións e pertinentes tomas de posición que serán trasladadas a este espazo virtual para que o debate prosiga e nazan novas ideas e propostas, sempre en positivo. Todos e todas aqueles que queiran participar só teñen que mandar as súas reflexións ós enderezos que figuran na cabeceira desta bitácora e serán aquí reproducidos ó dispor de todos os interesados en que o noso idioma poida gozar das “mil primaveras máis” que soñou o señor de Mondoñedo, don Álvaro Cunqueiro.
· Benvidos, presentación (texto completo).
3 Comments:
Graciñas por facerte eco desta nova bitácora que só quere ser un novo punto de encontro para falar e debater arredor do noso idioma e facer un diagnóstico, en positivo, do que se está a facer pola súa normalidade social. Unha aperta.
Faltaria mais, Marcos. Obrigado eu por todo o que fas.
Por se non che aparecera o meu enderezo electrónico adxunto, o Eduardo do comentário na Presentación do voso blog son eu.
Quixera matizar algumas cousas ao Afonso cando pase un tempo. Das discrepáncias ben levadas sempre pode saír algo.
Saúde.
Está ben que promocionemos estas actividades tan interesantes e reflexivas sobre a lingua galega. Un saúdo.
Postar um comentário
<< Home