sexta-feira, abril 21

O século das luzes

Hai que remontarse nas hemerotecas até onte para atopar a notícia da primeira celebración oficial do Dia das Letras Galegas por parte do Concelho da Corunha. E tivo que fuxir o condottiero por temor à acción da Xustiza, para que esta institución pública deixara de eludir criminosamente as suas obrigas sociais, políticas e xurídicas.

Mas, embora o que diga o tango, 23 anos son demasiados como para crer que ninguen pode actuar tanto tempo en solitário.

Na República Dominicana, o apoio duma camada de acólitos lambebotas ao sucesor de Rafael Leónidas Trujillo, traduciuse numa sutil máxima que mesmo chegou a tomar entidade como agrupación política: “O que diga Balaguer.”

Na cidade “cabeza, garda, chave, forza e antemural (!) do Reino da Galiza” —segundo reza no frontispício do seu palácio municipal— tamén existiu un pilar ideolóxico e propagandístico do nacionalismo recluínte propugnado polo alcaide Vasques.

O xornal que agora pretende lavar as maos da sua contribución servil ao vazquismo, aparte das suas próprias accións contra a língua e a cultura galegas —servíndose, ademais, de fondos públicos que tinhan que destinar para a sua defensa—, convertiuse durante todos estes anos nun auténtico bozo da Galiza real, plural e democrática.

(Afortunadamente, tamén hai xente como Xaquín Marín, Marina Mayoral, Xosé Carlos Caneiro, Camilo Franco, Miguelanxo Murado, Xesús Fraga, Tucho Calvo e moitos outros profesionais que puxeron a sua nota de normalidade entre tanta manipulación, propaganda e desinformación baratas).

Ainda que as atitudes estexan a mudar hipocritamente, as responsabilidades históricas non poden ficar impunes.

4 Comments:

At sáb. abr. 22, 03:05:00 PM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

Estiven onte cos meus alumnos visitando as exposicións da Coruña: por certo, as guías faláronos en galego tanto na Fundación Caixa Galicia como na Barrié. E ben. Os coruñeses deberían acentuar o seu pasado galeguista e subliñar cada vez máis a súa historia: ata 1920 alí están as raíces do galeguismo. Alí se fundou a Real Academia Galega, alí naceron as Irmandades da Fala, alí varias editoriais galeguistas, alí se tocou por primeira vez o "Himno Nazonal Galego" dicía ANT en 1918 na inauguración do seu fermoso Pazo Municipal. Que A Coruña e os coruñeses se reconcilien coa súa historia, canto antes!

 
At ter. abr. 25, 02:43:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

Agradézoche este comentário porque A Corunha ten uma fama que non se corresponde coa realidade. Sen termos que recorrer à história, ben elocuente embora silenciada, a perda de falantes e a desculturazon non é maior que noutras cidades e vilas. De feito, na cidade ainda permanece un pouso cultural derivado das distintas orixes dos seus habitantes, mesmo identificáveis na configurazon dos bairros. O Xurxo Souto adoita dar fe disto, dizendo que A Corunha é un resumo de toda a Galiza.
Vázquez foi un oportunista que tirou partido de todas as conxunturas nas que se viu imerso. O perxuízo que causou ao desenvolvemento da língua é, sen esaxerazon alguma, un atentado continuado contra o património cultural da humanidade.

 
At qua. mai. 17, 07:28:00 AM, Anonymous Anônimo said...

I love your website. It has a lot of great pictures and is very informative.
»

 
At qua. mai. 17, 07:46:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Interesting website with a lot of resources and detailed explanations.
»

 

Postar um comentário

<< Home