Os feitos diferenciais
O xornal EL MUNDO de 23 de Março noticiava da apresentación do livro Informe sobre a decadéncia de Catalunya reflexada no seu Estatuto, de Arcadi Espada, cun ilustrativo titular posto en boca de Albert Boadella: "O problema dos nacionalistas é a sua nenez mental”.
O director de Els Joglars enumerou as “diferéncias con Espanha” que, segundo el, estabelecian os nacionalistas cataláns en 1934 e que serian parelhas às que outros defenden na actualidade: falar catalán (“algo hai que falar; seria algo diferencial que fóramos mudos”); a sardana; a rosa de agasalho por Sant Jordi; “l’hereu i la pubilla” (figura xurídica dos primoxénitos no Direito catalán e tamén representantes elexidos para as festas); as “botifarres amb mongetes” (con feijoes); a afeizón polos cogumelos, e mais o “caganer” (personaxe do belém, que representa un home fazendo de ventre).
Boadella afirmou que posturas como as de Arcadi Espada en Catalunya levan a ver como “van desaparecendo as amizades”.
Pola sua banda, o autor do livro instou os cataláns a “expulsarmos o nacionalismo do espazo público”, no referendum sobre o Estatut, e manifestou a sua sorpresa porque “homes feitos e direitos foran quen de perpetrar un artificio intelectual da ineficácia, imoralidade e submisión política que é o Estatuto”.
“Este Estatuto non vai provocar a balcanización de Espanha, nen a sua ruptura, nen nada que atente contra a estabilidade do Estado” dixo, en contraposición ao discurso do Partido Popular. “Porén, de se aprovar, os cataláns imos viver cuma vergonha intolerável o resto dos nosos dias”.
5 Comments:
Segue coa súa cruzada Arcadi Espada, fundador do partido antinacionalista Ciutadans de Catalunya. Penso que van sufrir unha hostia descomunal nas vindeiras eleccións. Tan descomunal coma a macrobandeira de Vázquez.
É de supor que si. No entanto —e ainda que a cruzada non sexa benintencionada—, os abusos de poder, a patrimonialización da ideia de Catalunya e a corrupción do pujolismo danlhe uma certa xustificación à reacción destes ciutadans indignats.
A xente do BNG corunhés, con López Rico, Margarida Vázquez, Monge e Tello, persoalmente, merecen un reconhecimento; porén, a UPG faria melhor recolhendo a glória da misión “histórica” cumprida e mudando de xeito de actuar dentro do Bloque e das institucións: refundándose ou disolvéndose.
Dacordo con ámbalas dúas intervencións. Basta visitar Cataluña sen prexuízos para comprobar que a realidade é moi diferente da que deseñan estes "Ciutadans". Por certo, a prensa segue a traballar sen soltar fío. Xa é casualidade que explote a denuncia sobre ERC e a súa "petición" de cuotas a funcionarios, xusto cando o PSOE prepara unha reviravolta de alianzas para cambiar a ERC e poñer no seu lugar a CIU. Non xustifico, por suposto, os métodos de ERC, tan censurábeis como a corrupción dos gobernos Pujol. Pero hai casualidades que non cadran...
Nesta ocasión, a casualidade ofende.
Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
»
Postar um comentário
<< Home