quarta-feira, abril 11

Alfalfa e omega

Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira. Apenas contamos cuns cantos estudos léxicos da impostura numas poucas línguas e culturas. Lóxica e ineludivelmente coartada pola reprovación moral e o desacougo psicolóxico, esta caste de investigación segue a ser infrecuente. Comprenderemos as cousas con maior claridade só cando deixemos de ver a antiverdade como uma categoria negativa, cando cheguemos a admitir que o pulo irresistível de dizer “o que non é” atópase no cerne mesmo da linguaxe e do pensamento.

George Steiner, Despois de Babel. Aspectos da linguaxe e da tradución (tirado da versión ao espanhol de Adolfo Castañón e Aurelio Major, editada por Fondo de Cultura Económica).

· Imaxe: Pantocrátor da ábsida de Sant Climent de Taüll/Tahull

2 Comments:

At sex. abr. 13, 10:02:00 PM, Blogger Silvio Falcón said...

MENSAXE DE PETICIÓN DE ADHESIÓN AO BLOGOMILLO:

Amigos e amigas, coido que todos denunciamos aqueles que destrúen o noso medio natural.

Actuemos, movámonos contra o que está á pasar en Tomiño!

O blogomillo ten voz.

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/04/realmente-noso-movmonos.html

Unha aperta

 
At seg. abr. 16, 10:42:00 PM, Anonymous Anônimo said...

Benvido e xa colarei a túa mensaxe cando se poda, porque hoxe tenho problemas para colgar entradas e comentários, como pasa às vezes. Suponho que verias a minha resposta, que tamén custoulhe o seu trabalho, no teu blog.
Un saúdo.

 

Postar um comentário

<< Home