quarta-feira, agosto 9

De par en par (2)

· Saiu a lume O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, de Rebeca Baceiredo, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005:

"... o fluxo informativo desordenado esgota as rexións corticais do cerebro e impón unha percepción e un pensamento non asociativos. Por exemplo, os denominados espazos informativos, tras presentar fragmentos de realidade brutais e inconexos, rematan cun happy end, que permite proseguir co cotián sen escrúpulos morais. Se o que se ve é, e non o que se sabe (ou non se sabe), córrese o risco de crer nun mundo tan incoherente como nolo mostran. A experiência vicária substitúe á real e tómase como verdadeira, orixinaria, co conseguinte risco óntico e, polo tanto, fáctico. É dicir, se a realidade é allea e é ilóxica, a impotencia fronte a ela é o resultado e o espectador adoita desistir da súa responsabilidade como cidadán."

· E tamén está xa à venda o ensaio Os dominios de Caín, de Xosé Carlos Caneiro.