quarta-feira, julho 26

Todo pola pátria

Umas 50 persoas, entre elas dous policias municipais, precisaron atención sanitária e, cando menos, 2 persoas foron detidas despois dos enfrontamentos que grupos ilhados de nacionalistas mantiveron coas forzas da orde en Madrid, despois do partido Espanha-Franza, disputado o pasado 27 de Xunho.


Milheiros de radicais reuníranse arredor da Praza de Colón baixo as consignas de “a por eles, oé” e “Espanha, Espanha”, provistos de cócteles con sustáncias etílicas diversas. O lanzamento de obxectos à via pública e a destrucción de mobiliário urbano provocaron a intervención das forzas de seguridade e os altercados cos manifestantes.

O tráfico estivo cortado entre o Paseo de la Castellana, Colón, Goya e Serrano, mentres as brigadas de limpeza recolhian as toneladas de lixo deitadas polos espanhois, que reivindicavan un novo estatuto futbolístico para a sua Nación.

· Foto: Operários de limpeza na Praza de Colón, Madrid.
· Imaxe: O “ñ”, símbolo do Instituto Cervantes.
· Fotogaleria de El País: Desilusión no Mundial.