quarta-feira, junho 15

Foros

Segundo Henrique Monteagudo, o documento máis antigo escrito en galego, dos atopados até hoxe, data de 1228. O chamado Foro do bo burgo de Castro Caldelas xa era conhecido, mais pensábase que era uma versión ao galego do texto latino. Monteagudo afirma que se trata do texto orixinal, pois ten impreso o selo real, e foi redactado por un notario na lingua da Galiza.
Na actualidade, só conhezo uma notaría —en Lalín, condado do Deza— na que, polo menos hai uns anos, facían as escrituras en galego.