terça-feira, junho 28

Presidente

Na pantalha sucédense os gráficos cos resultados detalhados.
—Tenha uma pouca auga, Presidente.
Apura o vaso dun grolo até o final e salouca.
—E logo a súa filha por onde anda? Non me dixera que ma quería presentar? Uma rapaza ben fermosa, por certo.
—Sabe que para min será vostede sempre o Presidente.
—Sei que conto coa súa fidelidade e que a minha confianza nunca se verá defraudada, querido amigo. Mais a súa filha, non tinha tanto interese en conhecerme?
—Bom, xa sabe como é a xente nova, que vai ao seu e o demáis pouco lhe importa.
Nun recuncho, a rapaza fala coa única persoa na sala que non perdeu o sorriso.
—Verá, Presidente. Saíu convocada uma praza en Ourense e, por iso, a nena foi falar co filho do outro.