terça-feira, março 21

Os imprescindíveis (e IV): o Volter

· No número d’A Nosa Terra desta semana, que saíu à rua en quinta-feira pasada, pódese ler uma ampla resenha da Poesia en galego de Antonio Tovar, editada polo PEN Clube en dous volumes, na sua colección Arte de Trobar, cun estudo introdutório de Marcos Valcárcel e un epílogo de Alonso Montero.

· En Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado, o xornalista Xosé Manuel del Caño recolheu uma longa série de entrevistas publicadas semanalmente na edición ourensá do Faro de Vigo.

Reproduzo parte (tenhamos a sesta en paz, que diria o Caneda) duma das conversas compiladas no livro. A primeira intervención faina del Caño:

A DESAPARICIÓN DO VOLTER FOI UN DESASTRE PARA OURENSE

(...)
—O Volter era o punto de encontro dos pintores e escritores de Ourense.
—A desaparición do Volter foi un desastre. Alí quedaban testemuñas de textos, versos e pinturas de Vicente Risco, Quessada, Acisclo, De Dios, Conde Corbal... Pero ao morrer a muller do Tucho, pechouse o local e quedou abandonado. Veuse todo abaixo. Unha mágoa.

4 Comments:

At ter. mar. 21, 07:53:00 PM, Blogger Marcos Valcárcel López said...

Efectivamente, a desaparición do Volter é un bon símbolo das políticas culturais oficiais en Auria: se se fala da nosa identidade e de respecto á cultura de noso, sempre noutra dirección ... O BNG, creo que Millán Picouto como concelleiro, presentou un par de mocións nos plenos para recuperalo ou facer algo alí, na Praza de Eirociño: pero como se chovese... Tamén se pediu máis de 20 veces unha praza de normalización lingüística no concello e o alcalde mirou para outro lado. O do Volter é moi triste, porque é unha parte valiosísima da nosa historia cultural. Tamén hai que laiarse do silencio en que desapareceu: contanse cos dedos da man os que escribimos algún artigo na prensa reivindicando o Volter.

 
At ter. mar. 21, 09:50:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

É ben certo que temos alguns representantes políticos que non nos merecemos.
Se os que presiden os concelhos na Corunha, Vigo e boa parte da Galiza atentan continuamente contra o património imaterial, tampouco o material goza de moita protección.
Penso que xa é tempo de pasar de pedir o que é lexítimo a esixir o cumprimento da legalidade. E nada menos.
Obrigado e saúde.

 
At qua. mai. 17, 07:28:00 AM, Anonymous Anônimo said...

I really enjoyed looking at your site, I found it very helpful indeed, keep up the good work.
»

 
At qua. mai. 17, 07:38:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Nice idea with this site its better than most of the rubbish I come across.
»

 

Postar um comentário

<< Home