O rabo

O Departamento de Normalización Lingüística da Confederación Intersindical Galega (CIG) acaba de ser coñecedor [27/06/06] do contido dun escrito do Servizo de Protección da Saúde da Delegación Provincial de A Coruña da Consellaría de Sanidade no que se recrimina á empresa Eurofruit Santiago SL pola utilización da lingua propia de Galiza.
Con base nun Real Decreto do ano 1999, que privilexia o uso do castelán fronte aos outros idiomas oficiais do Estado (feito dubidosamente democrático), o devandito Servizo de Protección da Saúde da Xunta de Galiza ameaza á empresa Eurofruit con “tomar as medidas oportunas” no caso de que non empregue o español na etiquetaxe dos seus produtos alimentarios, produtos que teñen como destinatarios os cidadáns galegos.
· Foto: Campo de Triscórnia, na Baía da Habana, onde eran retidos os emigrantes galegos antes de seren reclamados para trabalharen.
1 Comments:
Descoñezo a información, mais de confirmárense os feitos, habería que solicita-la DEMISIÓN da persoa responsable deste escrito.
Saúdos
Postar um comentário
<< Home