segunda-feira, julho 17

Komunikando

Cando cheguei à Irlanda en 1986, comprovei que a meirande parte dos grupos de rock daquel tempo seguian as tendências da música americana e da británica, como se a cerna da que están feitos os músicos irlandeses non fora boa abondo. Esta autonegación producírase tamén no rock escocés dos 70 e dos 80; coido que alimentada polo xornalismo musical británico (...).

Pola contra, mentres trabalhavamos no
Fisherman’s Blues, en Galway, decateime da forza que se pode transmitir erguéndose desde a própia tradición" (...)

(Do texto escrito por Mike Scott para a nova edición, en dous CDs, de Fisherman’s Blues dos Waterboys, co álbum orixinal remasterizado e un CD con gravacións inéditas).

· Arriba, cartaz d’A Per Loca (CD de música feita na Galiza, salvo excepcións, e programación de concertos para este verao). Mais información en Komunikando.




· Na foto: Xosé Ferreirós, gaiteiro e multinstrumentista de Faíscas do Xiabre e de Milladoiro.