quarta-feira, julho 19

Simetria vertical

A repulsa do nazismo e do fascismo era, de seu, un ponto de coincidência e unidade entre as persoas e as forzas políticas demócratas.

· Foto de Jerry Lampen [como poderá comprovar quen siga lendo, non pretendo, en absoluto, relacionar esta imaxe co fascismo]: Un home tenta atravesar un control de seguridade británico para reunirse coa sua família na sitiada cidade de Basra (ou Basora), Iraq, 30 de Marzo de 2003.

Desde as correntes mais conservadoras dos Estados Unidos ou da Gran Bretanha, pasando polas chamadas sociedades civís da Franza ou dos países nórdicos até, sobre todo, da Alemanha e da Itália, os reximes totalitários pasados ou contemporáneos e os movementos neofascistas orixinavan uma condena categórica, sen demasiado esforzo e hipocrisias aparte.

En tres lugares públicos do Concelho de Oleiros (Parque José Martí de Santa Cristina, Parque Luís Seoane de Santa Cruz e Paseo Marítimo de Mera) desenvolvéronse as exposicións fotográficas correspondentes à segunda edición de Reve!a, Foro Internacional de Fotorreportaxe e Sociedade (en caso de non prorrogarse, hoxe seria o derradeiro dia).

No Parque de Santa Cristina, uma foto que non conseguin atopar na Rede, realizada por Jerry Lampen para a axéncia Reuters, fíxome reparar na andrómena esta do fascismo.

Entre várias dezenas de fotografias tiradas en lugares onde acontecen graves conflitos bélicos e humanitários, a imaxe —tomada por Lampen o 22 de Marzo de 2003— non seria, con certeza, nen a mais crua nen das mais atraíntes desde uma posível consideración estética: no centro do encadre, un iraquiano sae a pé da cidade de Basra cun colchón apoiado na cabeza e pasa —en apariência, indiferente— xunto a un blindado británico.

Na banda esquerda da imaxe, a silueta do tanque, pertencente à 7ª Brigada Courazada Británica, vese algo desenfocada, embora pódese ler a alcunha de guerra pintada no flanco dereito da máquina polos própios militares ao seu cargo: Pink Panzer, un xogo de palavras entre a Pantera Rosa dos debuxos animados infantís e os blindados do exército nazi, cos que tantas vitórias acadaran os alemáns sobre os británicos na Segunda Guerra Mundial.

2 Comments:

At sáb. jul. 22, 07:33:00 PM, Anonymous Anônimo said...

Resumiría a foto cunha palabra: IMPOTENCIA. A impotencia do home por non poder reunirse cos seus familiares

Un saúdo de Boedense

 
At seg. jul. 24, 03:18:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

Suponho que pode ser moi interesante mirar para un tipo que viste de amarelo ou dá voltas a uma pista asfaltada montado numa moto ou en carro sen bois nen vacas. Tamén está moi ben tomar o sol ou darlhe às pelotinhas de tenis na praia procurando non pisar aos mortos que poda haver na area.
Cada quen que faga o que quera mas tamén que diga o que lhe pete.
Saúde sempre.

 

Postar um comentário

<< Home