terça-feira, setembro 19

O perfil

Certos ofícios requiren uma maior cualificación profesional que outros.

Calquera trileiro ou prestidixitador de médio pelo que non posúa uma notável destreza manual e mais un certo don de língua estará condenado a exercer de simples figurante ou camelista no espectáculo.

Para desempenhar moitas actividades agropecuárias e industriais, as maos operárias deverian gozar da mesma cobertura asistencial que o seguro dun concertista galego de piano ou duma guitarrista flamenca sherezana.

· Hyeronimus Bosch, O carro de feno

Por non falar doutras dotacións anatómicas que tanto interesan ao respeitável, a bota (esquerda ou dereita) do Fran ou do Bebeto —e descúlpense as mencións endogámicas alla Turca do deporte-rei, con licença pola redundáncia— tiveron mais ampla acolhida social que o sapato kruscheviao (dereito?) do Beiras, nos tempos en que Raxoi ainda non exercia de arcebispo alférez; Tourinho, de eterno aspirante a un límpido sotaque hispano-andalusí e o companheiro Quin, de reconhecido anovador da canción galego-portuguesa do verao.

Mas desde Hamurabi ou Mosheh/Moses [Moisés, en versión un-tanto-cateta-segundo-M. Barcia], pouca dúvida cabe que a ben denominada clase política representa a culminación da escala evolutiva mediática.

José Luis Rodríguez Zapatero, ZP para os inimigos, ven de dar un triple salto mortal adiante seguindo as linhas desenhadas hai uns meses polos seus sócios e leais competidores do Partido Popular.

Este hominho, que antes de ser investido presidente do governo promovia o exercício da crítica e da responsabilidade do poder coa cidadania e a aldeania (algo asi como uma Flor de Montouto exogámica: “se non te divirtes, demándasmo”) rematou caindo na mais grave das enfermidades profisionais.

Todo trileiro sabe que, cando remata a faena ou se achega a madeira, recolhe nun volado o bochinche e segue a ser o Roldán, o Eduardo ou a Luzia de sempre. O cantante cascado limítase a baixar o ton ou simular que canta, cando non lhe chega a voz. No entanto, Zapatero rematou por crerse o seu próprio personaxe, con risco patente de que a doenza sexa irreversível.

1 Comments:

At dom. jan. 21, 05:37:00 PM, Anonymous Anônimo said...

Sintome coma un madelman nun deserto cheo de palavras valeiras, area e deshumanización,agardando a Mr. marshall pra poder pór a roupa dos dominghos

 

Postar um comentário

<< Home