sexta-feira, julho 1

Sic transit misseria mundi

O Concelho de Oleiros ven de organizar o primeiro “Reve!a”, Foro Internacional de Fotorreportaxe e Sociedade.
Ante onte estiveron no Auditorio Municipal “A Fábrica”, en Perilho-Santa Cristina, Juan Medina (fotógrafo arxentino afincado en Fuerteventura dende hai oito anos, que trabalha para a axencia Reuters) e Ignacio Ramonet, director de Le Monde Diplomatique.
Medina proxectou o audiovisual “Onde morren os sonhos”: uma sucesión de fotografías súas da chegada de inmigrantes a Fuerteventura, con música de Youssou N’Dour.
Ramonet falou sobre a inmigración na Europa, lembrando tamén a emigración en masa de europeus a moitos países de outros continentes nos séculos pasados. A súa tese principal foi que as causas e solucións da pobreza son políticas, e non económicas; denunciou a fuga de cerebros cara os países máis desenvolvidos; argumentou o impacto negativo da “axuda internacional” sobre as economías locais e defendeu o establecemento de taxas fiscais para recadar fondos destinados á cooperación internacional.