terça-feira, julho 5

Fontes

Sendo ministro do Interior, José Luis Corcuera eludiu a pregunta dun xornalista numa rolda de imprensa, tentando desacreditar a orixe da súa información: “Mais de que fontes me fala? Fontes de ETA, fontes de HB?"
Nos Estados Unidos abriuse uma investigación xudicial na que se están a vulnerar os dereitos á liberdade de información e ao mantemento do segredo das fontes.
O asunto iniciouse cando uma axente da CIA informou ao goberno estadounidense da ausencia de probas sobre o intento de Sadam Hussein de conseguir uranio enriquecido no Níxer. Bush ocultou eses informes, asegurando que Hussein estaba a procurar o uranio. Como represalia polo mero feito de ela ter realizado o seu trabalho, algún membro da Administración filtrou o nome da axente a un xornalista defensor da política exterior do goberno de Bush.
O máis paradoxal da trama é que a persoa e o medio que publicaron un segredo oficial non tiveron que aportar datos á fiscalía; porén, solicitáronlhos a The New York Times e a revista Time, que se limitaran a investigar os feitos.