quinta-feira, julho 14

O traxe novo

Cando Aznar chegou ao poder na Espanha do tardofranquismo, suponho que moitas persoas pensaron del o mesmo que opinaba Hormaetxea da Toucinho (visitar hemerotecas altopornográficas, de subido escarnho ou deschavado maldizer): rebaixando un tanto o ton, digamos que non lhes erotizaba en exceso.
Tampouco é que Zapatero tivera un carisma espectacular antes de desatarse o espelhismo.
Canta xente da que agora o despreza, perderá a súa honra —os seus barcos ou o que cadrar— no momento en que Tourinho sexa o residente na Xunta?