segunda-feira, julho 11

Sangue, suor e pátrias

A solidariedade é uma moeda cun valor moi fluctuante. As mortes de Londres tenhen menos peso que as de Madrid, por moita bandeira británica que exhiba o alcalde d’A Corunha. Diante duma catástrofe, os medios de comunicación tranquilizan á audiencia cando non hai cidadáns da súa nacionalidade entre as vítimas. As metrópolis dóense dos desastres nas súas antigas colonias —sexan estas América Latina ou Timor— máis do que noutros países do mundo. A explosión duma bomba no Iraque nunca é tratada como uma traxedia humana. A fría contabilidade das mortes no Estreito e a case nula denuncia dos campos de concentración para inmigrantes en Espanha, contrastan co tratamento do 11-M e dos presos de Guantánamo.
As varas de medir e de azoutar mudan pouco de obxectivo e demasiado de tamanho.