As convencións
A capa do xornal El País de sábado pasado amosava ao Mariano Raxoi e a José María Aznar sentados no chao do Woodstock que o Partido Popular argalhou en Madrid esta fin de semana.
Os que andamos ouveando o noso rancor polas bitácoras temos de sospeitar, despois de ver esa imaxe, que por moi desconhecedores dos princípios reitores da Ciéncia Política e da Semiótica que sexamos, algun pequeno cabo deveu ficar solto.
Pois pode ser comprensível que de alcunhar ao oponente de “líder pancartista” se pase a bater o récord de participación en manifestacións antigovernamentais capitalizadas por un partido demócrata ou centrista. Tamén que un xefe de governo ameace a un grupo armado co desapiadado e aldraxante carimbo de Movimento de Libertaçom Nacional. E tampouco causará maior sorpresa que o presidente fundador honre a memória dos militares artífices da tentativa de golpe de Estado e o secuestro de Governo e deputados.
No entanto, resulta uma aportación filosófica de fondo calado e muito orixinal por demais, que nun mesmo acto se conxuguen dous polos culturais dificilmente harmonizáveis. O espírito hippie da sentada presidencial que inícia este comentário, xunto coa revisión contemporánea da xenreira punk que resumia o slogan da convención popular (“Hai futuro”).
Porque toda ética precisa asemade da sua estética. Ou como escrevera Camus: “Rematamos sempre por posuír o rosto das nosas verdades”.
2 Comments:
Que nun mesmo acto poidan mesturarse a estética punk (sentar no chan ) con segundo que proclamas, non é máis que outra demostración da profunda enfermidade na que vive a sociedade.
Muito obrigado polo comentário.
Por certo, que pensara lembrar que o Camus era un dos pensadores-escritores favoritos do liberticida Vasques e ven de inaugurar esta manhá uma rua co seu nome (do alxeriano; o boulevard co seu próprio, suponho que o deixa nas maos do sucesor).
Obrigado e saúde.
Postar um comentário
<< Home