quarta-feira, março 8

Déveda histórica

“Os países en desenvolvemento deven a Espanha uns 10 mil milhóns de euros. América Latina é a rexión mais endevedada, con case o 35% do total. Nos últimos anos, o Governo espanhol foi avanzando na sua política de xestión da déveda externa, mas ainda hai moito por facer”.

O Congreso dos Deputados está a debater a tramitación duma nova lei reguladora do tratamento da déveda contraída con Espanha polos chamados países mais pobres.

Perante esta situación, Intermón Oxfam ven de editar un díptico en castelhano dentro da sua campanha CORTA COA DÉVEDA, onde figuran os dados do encabezamento deste comentário. Prescindindo da confesionalidade e os intereses particulares de calquera organización, paso a resumir o seu contido.

Uma das folhas deste díptico está formada por dous cartóns postais recurtáveis. O primeiro consiste numa solicitude xa impresa para dirixir ao grupo parlamentar do Congreso que a persoa subscribinte desexar, pedindo a aprovación duma lei sobre a déveda externa con catro demandas básicas:

· Condoación da déveda externa dos países mais pobres.
· Promoción dun novo sistema internacional que contribúa a erradicar o problema.
· Estratéxias de prevención dun novo endevedamento.
· Desenvolvemento duma política planificada, participativa e transparente que aporte uma resposta duradeira.

O outro cartón, dirixido à sede de Intermón Oxfam en Barcelona, é uma adhesión à petición da ONG “para que o Parlamento espanhol aprove uma Lei de Déveda Externa que aporte solucións definitivas”.