A xustiza enlatada
A empresa conserveira Calvo está a deslocar parte da actividade da factoria ubicada no lugar de Somorto, en Esteiro, concelho de Muros, à república de El Salvador.
A posibilidade de criar postos de trabalho e riqueza noutras terras non agocha a competéncia desleal que conleva a produción en condicións non axeitadas à lexislación vixente no país de orixe.
O respeito das normas de contratación, seguridade e hixiene no trabalho, medioambientais, as condicións laborais ou a adecuación salarial son aspectos cuantificáveis economicamente.
Cando as empresas deciden estabelecerse en estados onde a lexislación —ou a inoperáncia prática dos órgaos responsáveis de velar polo seu cumprimento— permite (mais ainda que na "metrópoli") a redución drástica de costes, realmente están conculcando as leis do estado social de dereito e distorsionando o conceito de libre mercado.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home