sábado, julho 16

O río da prata

O café da manhá tomeino no bar dun carbalhés retornado da Arxentina, emigrado corenta anos naquel país e na vecinha República Oriental do Uruguai. O quiosqueiro saúda con sotaque pratense. Ante onte fun xantar a un bar con ementa do dia, rexentado por arxentinos. Na zona onde trabalho escóitase falar portugués brasileiro pola rúa con moita frecuéncia. Neste bairro moran ou trabalhan persoas de Cuba, Colómbia, Senegal, Cabo Verde, Marrocos, Alxéria, Ucraína, China, Rúsia ou Roménia.

2 Comments:

At dom. jul. 17, 08:43:00 PM, Anonymous Anônimo said...

¡Cousas dunha cidade cosmopolita mais non multicultural!

 
At seg. jul. 18, 10:37:00 AM, Blogger galeidoscopio said...

A multi-incultura é a ignoráncia própia amén da alhea.
"Hai que respetar máis ás persoas que ás ideas, porque as persoas sofren e as ideas non" (Chicho Sánchez Ferlosio).
Obrigado pola visita, un copo á saúde própia e alhea.

 

Postar um comentário

<< Home