quarta-feira, março 22

A intelixéncia

Os responsáveis do Ministério do Interior non precisavan nengun informe exaustivo do CNI para conhecer a situación da imigración sub-sahariana procedente de Mauritánia.

O ministro, José Antonio Alonso, salientou as detencións praticadas. O Secretário de Estado de Seguridade, Antonio Camacho, fala duma “crise humanitária gravísima”, como xa fixera o Comité Internacional da Cruz Vermelha. Pola sua banda, Coalición Canária plantexa no Senado o problema dos centros de internamento.

· Con data do 6 de Marzo de 2002, Human Rights Watch envia uma carta a Mariano Raxoi, daquela ministro de Interior, e ao Delegado do Governo para a Estranxeiria e a Emigración, a respeito das condicións de detención dos imigrantes e solicitantes de asilo nas ilhas de Fuerteventura e Lanzarote.

· En Fevereiro do ano pasado, uma embarcación de 20 metros de eslora fora resgatada con 227 persoas abordo. Coalición Canária perguntou ao ministro Alonso, numa sesión de control do Senado, sobre as iniciativas do Governo para a extensión a todas as ilhas da Comunidade Autónoma de Canárias do Sistema Integral de Vixiláncia Exterior, existente en Fuerteventura e Lanzarote.

O ministro afirmou que o estado asignaria ao Plano Integral de Seguridade de Canárias un financiamento de 11,5 millóns de euros.

· Tamén nese mes de Fevereiro de 2005 —e por mor do elevado número de imigrantes mortos frente as costas canárias— produciuse uma comparecéncia do director xeral da Garda Civil, Carlos Gómez Arruche, perante a Comisión de Interior do Senado, para aclarar se as patrulheiras adscritas ao Servizo Marítimo de Canárias son axeitadas para o salvamento de persoas.

4 Comments:

At qui. mar. 23, 09:16:00 PM, Anonymous Anônimo said...

Sempre me chamaron a atención eufemismos coma ese: "crise humanitaria". Son MORTES por desesperación, mortes procurando unha vida mellor. MORTES, MORTEs, MORTES non "crises humanitarias". Un saúdo.

 
At sex. mar. 24, 03:40:00 PM, Blogger galeidoscopio said...

Obrigado polo comentário.
Todo o mundo ten outras cousas das que preocuparse, mas o que tampouco deixa de sorprenderme a min é a actitude de algumas persoas cando falan de boísmo ou anxelicalismo porque seica están de volta de todo, e adican a sua imensa valia intelectual, criativa e humana a facer medrar o seu próprio cu (o de ego vailhes demasiado grande).
En calquera caso, o Secretário de Estado alomenos semelhava minimamente preocupado. Ao ministro nen lhe escoitei facer alusión aos mortos.
Noutro comentário, que despois suprimin, fixera uma comparación dos mais de 10.000 mortos ao tentaren entrar en território espanhol, tomando como base os 817 asasinados por ETA. A disposición en coluna era bastante mais gráfica: 1) 817, 2) 817, 3) 817, 4) 817, 5) 817, 6) 817, 7) 817, 8) 817, 9) 817, 10) 817, 11) 817, 12) 817... [suma e segue].
Saúde.

 
At qua. mai. 17, 07:46:00 AM, Anonymous Anônimo said...

Hallo I absolutely adore your site. You have beautiful graphics I have ever seen.
»

 
At qua. mai. 17, 01:19:00 PM, Anonymous Anônimo said...

Greets to the webmaster of this wonderful site. Keep working. Thank you.
»

 

Postar um comentário

<< Home