sexta-feira, setembro 30

Mutación xenérica

Pensando na renovación das artes e da cultura —e xa que Galiwood se reduce a uma mera atopia cibernética— a conselharia do ramo deveria actualizar a entranhável figura do retratista da Corte.
Saúde, polbo e lume.

quarta-feira, setembro 28

Llengua lliure

Un comité independente de sábios concedeu o Prémio Espasa de Ensaio a Irene Lozano Domingo pola obra intitulada Línguas en guerra. Vários xornais coinciden en que, para a autora
—que, con anterioridade, publicou un estudo sobre o sexismo na linguaxe e uma biografia de Federica Montseny—, as línguas conviven pacificamente.
Jon Juaristi, un dos acreditados membros do xúri, salientou do ensaio a súa análise da “política lingüística espanhola” do século XX.
Parabéns, logo, a Lozano por chegar a tan excelsa conclusión.
E gora Espasa askatuta.

terça-feira, setembro 27

Nós mesmos?

Uma terra fondamente reaccionária, aculturizada e deslinguada; sen apenas literatura de seu, a música própria convertida en indústria de exportación e cun catolicismo fatimí na recámara.

quarta-feira, setembro 21

Falstafferros

Ponher a cara e ficar sen man.

Pobre Yorick!

O siléncio dos cabróns e a voz clara dos cordeiros.

República Baratária

Primeiro o clientelismo e a preitesia, despois a represión e os desaparecidos.

segunda-feira, setembro 19

Declaración de independéncia

O Berlusconi espanhol —tanto ten a cor aparente dos tentáculos, o polbo fresco sempre é duro de malhar— xa conseguiu introducir na Administración da Xunta un colaborador duma das empresas de comunicación baixo o seu control. A única pica galega en Chamberí agora é sustituida por un Suso de Toro mais comedido e contemporizador.
Como ben di o retrouso: “Se algo pasa, aí vai a SER”.

Memória inmunolóxica

As autoridades sanitárias amosan a súa preocupación pola propagación da gripe aviar asiática. Tamén algúns biólogos alertan sobre a proliferación das poboacións de mosquito-tigre en Europa, tentando tranquilizar sobre a posibilidade de que actúen como transmisoras de certas enfermidades nestas latitudes. En canto á encefalopatia esponxiforme bovina...
—?

Poltergeist

Nunca marcharan pero, desde logo, é evidente que xa están aquí.

sexta-feira, setembro 16

Primeiras linhas

Nas ánsias de agradar á militáncia e non ser acusado de feble ou claudicante, o BNG pode perder uma oportunidade crucial para desenrolar uma política realmente transformadora na Galiza.
Anxo Quintana é o primeiro membro dun goberno galego que reclama dos cidadáns o exercício da crítica.
Sabendo que non toda a sociedade galega é nacionalista —tampouco, arestora, independentista— e nin sequera de esquerda, a disxuntiva principal será gobernar con sentido das prioridades reais e da xustiza social, ou actuar cuma estratéxia ben definida, pensando nas próximas eleccións.

quarta-feira, setembro 14

Thriller

Sempre me preguntei por que Michael Jackson tinha tanto éxito en todo o planeta. Habia moitas persoas que dician, como nun haleo flamenco: "O melhor do mundo. Sabe cantá, sabe bailá".
A súa vena artística xa sei onde vai pero, que foi de toda esa xente?

terça-feira, setembro 13

Acción e reacción

Todo pasa e todo fica, porén o noso é pasar.

Tensión superficial

Eu amo os mundos sutís, ingrávidos e xentís como bombas de napalm.

Gravitación universal

Un cubo sen corda nun pozo sen fondo.

segunda-feira, setembro 12

O armistício

Un pacífico haitiano estadounidense dixo numa ocasión que calquera persoa ten dereito a empregar a violéncia contra a discriminación racial.
(...)

Pariedade

Aquel clube de Darfur Street e mais este arrecendo da infáncia.

quinta-feira, setembro 8

Novela por entrega

Quem sabe de tudo não fale
Quem não sabe nada se cale
Se for preciso eu repito.
Porque hoje eu vou fazer
Ao meu jeito eu vou fazer
Um samba sobre o infinito.
(Paulinho da Viola)

quarta-feira, setembro 7

Papel molhado

—Eu vinha aqui falar do meu livro.

terça-feira, setembro 6

O pranto de Boabdil

A estratéxia pode valer até que entren no xogo as auditorias externas.

segunda-feira, setembro 5

Tirar a matar

A xustificación racional é independente da razón ética.

Terra incógnita (III)

São as águas de Março fechando o verão

Antônio Carlos Jobim

sexta-feira, setembro 2

A libertaçom de Mauthausen

Subir e baixar a escaleira.

Autocríptica

A todo supermán chégalhe a súa kryptonita.

Cota galáctea

Pechan (ou múdanse) as livrarias e ábrense blogs.

Xúri popular

—A quen queredes que vos solte?
—A Barrabás.