sexta-feira, novembro 25

Vozes autorizadas

Un dos mais graves resíduos do franquismo é a aversión á liberdade de expresión.
O princípio de autoridade clásico —baseado nas estruturas de poder, mas tamén parcialmente no conhecemento— sustituiuse por uma aberta apropriación simbólica e efectiva, pola elite dominante, deste dereito fundamental inalienável.
Persoas ainda impregnadas da sociopatoloxia fascista amosan ás claras a súa fóbia antidemocrática, cando alguén desprovisto da lexitimidade que se arrogan os meios de transmisión ideolóxica,
públicos ou privados, ousa expresar a súa opinión.

quarta-feira, novembro 23

O silenciador

Graças a Deus, alguma xente ainda ten mais que dizer.

segunda-feira, novembro 21

Velhos inimigos

Radio Nacional de España reuniu hai uns días a Manuel Fraga e a Santiago Carrillo para falar da Transición e a evolución da política espanhola desde a morte de Franco.
Os dous antigos oponentes dedicáronse abundantes mostras de eloxio mutuo. Carrillo sempre lembra, agradecido, que foi Fraga quen fixo a súa presentación pública en Madrid, no Club Siglo XXI, cando o daquela Secretário Xeral do Partido Comunista de España era a besta negra da ultradereita. O ex-presidente da Xunta salientou a aportación de Carrillo ao chamado eurocomunismo e reprochou ao PCE que tivera prescindido da súa figura política; decisión que o decurso do tempo, ao parecer, demonstraria errónea.
O antigo dirixente comunista louvou o estilo de oposición que Fraga representava nas Cortes espanholas, atribuído polo de Vilalba á súa estadia como embaixador no Reino Unido, de onde tomaria o conceito británico da “leal oposición da Súa Maxestade”.
Moito xabrón, desde logo, entre os dous homes, que tamén fixeron alguma graça sobre as súas avanzadas idades.

Escoitando aquela amável conversa, o ouvinte quixera ficar coa imaxe dos dous velhos companheiros de escano e de contenda política; de dous seres humanos facendo uma retrospectiva das súas vidas, toda vez que se atopan xa perto do final.
Un quixera esquecer as actuacións mais extemporáneas de Fraga na Galiza; en absoluto conciliáveis co desempenho dun cargo institucional democrático.
O mais doado, de feito, seria simplesmente esquecer.

sexta-feira, novembro 18

Cita a cegas

A analoxia é a única linguaxe que pode comprender o subconsciente. (Carl Gustav Jung)

quinta-feira, novembro 17

Fin de obra

Para salvar a pátria e o mundo hai que vir ao norte.

Acabo de cruzarme cuma mulher morta, tirada no chan. A minha sensibilidade social e a fondura existencial que me caracterizan, seguen a ser as mesmas.

Sen relación aparente co corpo insepulto, non volverei votar BNG até que se rectifique a violación da presunción de inocéncia dos militantes da AMI ilícitamente detidos.
Non simpatizo coa práctica política desta organización, mas iso non ten nada a ver.

Evitando os ícones de bo rolhinho, prefiro aclarar que todo isto non ten destinatário ningún.

terça-feira, novembro 15

A mordaza

Durante as revoltas de Tiananmen, algúns soldados preferiron suicidarse antes que disparar contra o povo.
Aqui só se pide respeito aos dereitos humanos.

sexta-feira, novembro 11

Ubi sum?

Para resolver o problema das identidades na Galiza, vai ser precisa uma carta nacional para circular polos eidos vernáculos e outra carta verde para viaxar polo exterior.

“Eu quero ser Emilio Cao” (Juliam Hernandes e Sílvio Rodrigues)

Cando se fala de culturetas, onde se meten estas persoas?
Conhecerán a súa masa crítica os alcaldes metrosexuais, metrolixeiros e metrosidero-metalúrxicos?
Cal é o sexo ou o xénero do próprio sistema literário galego?
O que eu me pergunto a cotío, con grande desasosego, é: u-nós?

(A entrevista d’A Nosa Terra a Teresa Moure é ben interesante. Ainda que non se concorde coas súas teses, penso que paga a pena lela).

quarta-feira, novembro 9

Estado de malestar

Un rapaz declarava ao xornalista que “doen mais as palavras do que os golpes".

Auto-estrada de circunvalación

Saiu a lume o primeiro proxecto material da reditora Ediciós da Rotonda. (Virtuais son os centos de livros apodrecendo nos armazéns).
Que sexa para ben e que as tendas da vila e os bares da estrada non se resintan.
A canción favorita da súa Maxestade Juan Carlos, derradeiro Rei de Espanha, di:
Que não há que chegar primeiro
mas há que saber chegar.

quinta-feira, novembro 3

A corte dos milagres

É mágoa que demasiada xente confunda autocrítica con autoensanhamento e panexírico con acción positiva.
A verdadeira actitude positiva e crítica consiste en procurar solucións reais aos problemas existentes.
Suso de Toro fai n’A Nosa Terra uma necesária, que non merecida, louvanza do sector editorial e literário galego.
Discrepa con toda rotundidade do tópico da dependéncia das subvencións e sostén a existéncia dun público “que trascende o límite ideolóxico”.
Compartilho que certas ideias críticas poden ser manipuladas polos etnocidas —declarados ou encobertos— da cultura galega; porén, non por iso haverá que deixar de afrontalas sen subterfúxios.
Sen distinguirse doutras culturas ou “sistemas”, se eu, persoalmente, prescindira da militáncia, deixaria de mercar as mais das publicacións periódicas, dos ensaios ou da literatura galega que, na medida do posível, tento soster.