terça-feira, maio 30

Os números

No dia 25 de Abril, Cavaco Silva "não quis maçar os deputados com os números" que atestam a liderança portuguesa da União Europeia na desigualdade de distribuição de rendimentos. Mas surpreendeu-os ao escolher o combate à exclusão social como causa nacional. Um mês depois, passou das palavras aos actos.

(Diário de Notícias, 26 de Maio de 2006)

· Fotografia de Cavaco Silva, por Luís Forra/Agência Lusa; tomada do diário Público do 29 de Maio.

segunda-feira, maio 29

Spam

Parabéns para Francisco Castro, que recebeu en sábado pasado o Prémio Blanco Amor pola sua novela Spam.

Francisco Castro tamén é o coordenador dos III Diálogos Literários de Marinhán, que terán lugar esta quinta/xoves, 1 de Junho, na Corunha e nos dias seguintes en Bergondo.

quinta-feira, maio 25

A impressão

“Mas uma coisa é o que as pessoas pensam, aquilo que o coração lá dentro fala na cabeça, já modificado pelas razões dele, a vaidade, a preguiça de pensar mais, a raiva nas pessoas, o pouco saber; outra, os casos verdadeiros de uma maca.”

maca (do kimbundu, maka, conversa, palavra) f. Em Angola, assunto; conversa; disputa.


(José Luandino Vieira: “Estória do ladrão e do papagaio”, em Luuanda)

"O cidadán do mes" cambia para Libraría Sisargas

Colo este aviso de Brétemas, ainda que non deveria:

[HOXE, quinta/xoves]
Unha inundación da Libraría Couceiro (vaia mala sorte, dous accidentes deste tipo nun mesmo mes!) obríganos a mudar o lugar da presentación de [HOXE, quinta/xoves] d' O cidadán do mes á Libraría Sisargas (Curros Enríquez 9) da Coruña. Agradecemos moito este cabo que nos botou Marta Souto, a responsable da aquelada libraría de Monte Alto. Este xoves, pois, ás oito, acompañando a Diego Ameixeiras estarán Miguel López Calzada e Fran Alonso falando do detective Dopico. Agradezo que se difunda na rede este cambio tan obrigado como precipitado.

terça-feira, maio 23

Letras mistas

Saadia Bedief nascera em Tessala, no departamento de Orã, na Alxéria, en Maio de 1923. Sendo uma nena, morreram seus pais, vendo-se obrigada a durmir na rua e ganhar a vida esfregando chaos nas casas dos colonizadores. Analfabeta e sem saber apenas falar francês, sendo ainda moza uniu-se a um grupo de músicos ambulantes que tocavam por cafés e tabernas. Começam tamén a chama-la para festexar bodas e circuncisões, celebrações nas que as cheikhas cantam ao sexo sem pudor nenhum.

En 1952 fai o seu primeiro rexisto fonográfico, em cera, e no 54 —xa baixo o nome de Cheikha Rimitti— grava Charak gataa, uma cançom satírica sobre o tabu da virxindade feminina (“Rompe-o, racha-o, que Rimitti o coserá de novo”). Porém, após o país acadar a independência —em 1962—, a Frente de Libertaçom Nacional impõe-lhe o veto na rádio por considerar que as suas canções estavam contaminadas pola colonizaçom.

A partir dos anos 70 principiou a dar concertos para a comunidade alxeriana no exterior até que, a finais da década, decidiu emigrar a Paris na procura de maior liberdade, estabelecendo-se no bairro de Barbès.

Pouco amiga de televisom e entrevistas, tardaria em acadar sona internacional apesar da apropriaçom de peças suas por parte das novas figuras do rai.

segunda-feira, maio 22

RdL06

Colo un aviso da Resaca das Letras 2006:

Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega. Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos). Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.

Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!

Para calquera cousa: resaka06@gmail.com

quinta-feira, maio 18

Mandala (A roda da Compaixão)

Manifestacion auténtica da iluminacion -lonxe das consabidas: avarícia, luxúria, gula, língua galega, liberdade de pensamento e outras postracions contemporáneas- poderia ser, chegado o caso, un elevado grao de renúncia, compaixon e entrega prévio à definitiva disolucion no Absoluto.

segunda-feira, maio 15

Entrevista a Siro López en Galicia Hoxe

Facer humor da política sempre foi un asunto arriscado, sobre todo nalgúns anos. ¿Algunha vez se sentiu censurado?

Censurado pola dirección do periódico La Voz de Galicia ou de El Ideal Gallego nunca. Non obstante, na etapa do Ferrol Diario si que me sentía censurado porque eu lle levaba o debuxo ó director e dicíalle que se tiña algún problema, mo dixera. El aseguraba que non había ningún, pero ó día seguinte non saía publicado porque o conselleiro delegado así o decidía. Daquela, eu collín e, moi acertadamente, marchei, porque mo podía permitir, xa que non me dedicaba unicamente ó humor gráfico. Eu daquela traballaba tamén na oficina técnica de Bazán e puiden manter unha actitude moi digna, igual que intentei ó longo de toda a miña vida.

Despois desa primeira etapa, nunca me sentín censurado en ningún medio. Tamén é verdade que eu non son ningún necio e sei que un periódico de opinión como pode ser La Voz de Galicia ou EL CORREO GALLEGO non é unha revista de humor especializada como El Jueves, non é unha revista underground e polo tanto hai que facer as cousas dedicadas ós lectores que temos. A un señor que é católico practicante podes presentarlle unha caricatura de Rouco Varela, como as moitísimas que levo feito, e non poñelo moi ben precisamente, pero o que non podes facer é, por exemplo, atacar un dogma católico, cousa que si poderías facer nunha revista underground. Non considero que iso sexa censura ou autocensura senón simplemente utilización da propia intelixencia.

(Da entrevista realizada por Rosabel Candal a Siro López, publicada onte, domingo, 14 de Maio, no Galicia Hoxe).

sexta-feira, maio 12

Contra Caneiro

Xosé Carlos Caneiro leva tempo proclamando ideias e iniciativas a prol da cultura galega (na Voz de Galicia e no Diário Cultural, que dirixe Ana Romaní na Rádio Galega) sen que, en apariéncia, surtiran efeito nengun. No entanto, e ainda que el poda pensar o contrário, acredito que tampouco está a predicar no deserto.

Por non ocupar demasiado espazo en As uvas na solaina, vou respostar aqui ao chamamento à participación colectiva no uso activo do galego.

En princípio, concordaria cos comentários realizados no blog sobre a despolitización da língua, reconhecendo sempre a contribución fundamental do nacionalismo à melhora da consideración social do galego.

A situación actual da língua require a criación de foros sectoriais e xerais onde se recolhan e proponhan planos “técnicos” e iniciativas particulares. A Internet é un médio que pode resultar ben útil tamén para desenvolver estes encontros e manter a sua continuidade. A Rede está a dar un novo pulo ao galego e o abaratamento das comunicacións telefónicas através da Internet ou similares pode ser uma via clave para a consolidación da língua e para o estabelecemento de relacións culturais e económicas entre a Galiza e a chamada lusofonia.

Gostemos ou non, a meirande parte da xente, con todo o dereito, outórgalhe valor ao benefício e desfrute mais inmediatos. E, como acontece coa Fazenda, a língua non somos só as Conselharias.

Haverá, pois, que partir duma série de premisas políticas baseadas en vantaxes e contrapartidas económicas, procurando estratéxias para evitar o confrontamento e a polarización social.

Eis algumas propostas político-administrativas e económicas necesárias:

1. Elaboración de campanhas de información e actividades formativas regulares destinadas à povoación xeral.
2. Cumprimento da Lei e do Plano de Normalización Lingüística.
3. Carta de dereitos lingüísticos e defensa xurídica efectiva.
4. Estabelecemento do galego como língua veicular en todo o ensino.
5. Normalización oral e escrita de todas as Administracións.
6. Promoción fiscal e económica da galeguización real, tanto oral como escrita, das empresas ubicadas na Galiza, con independéncia da ubicación da sua sede social.
7. Desenvolvemento de accións públicas e privadas a prol da presenza da literatura galega na sociedade.
8. Fomento da contratación privada e pública de actividades artísticas en galego.
9. Afondamento numa auténtica interrelación coas culturas “lusófonas”. Convénios de colaboración e coprodución entre grupos de comunicación galegos e lusófonos, estimulando o investimento destes últimos na Galiza.
10. Cota mínima de dobraxe do cinema e demais médios audiovisuais en línguas distintas do galego-português e realización de versións orixinais lexendadas.

(Na imaxe: Gargallo, O profeta, 1933)

quarta-feira, maio 10

O hórreo

A lenda da faixa mais comentada dos últimos tempos (“PESCANOVA" SI, EcoFascistas NOn) -vese às claras que o “n” da negación en galego foi engadido despois de escrito o texto e mesmo rachando o marco- ilustra mais conflitos dos que a própria imaxe semelha querer reflexar.

Tratouse abondo xa a cuestión laboral e do desenvolvemento económico na Costa da Morte e na Galiza interior. Tamén a complicada relación entre industrialización e meio ambiente. E houvo referéncias à independéncia do poder político fronte às presións de intereses privados.

Na minha condición de ignorante acho que case todas as afirmacións que lin e escoitei estes dias sobre o asunto están cheas de razón.

Só desde o mais absoluto desconhecemento da teoria e a estrutura económica poderíase desbotar uma planta acuícola como as que xa enchen de riqueza Cabo Vilán ou o mar de Lira (obrigado ao exército belga por atraer ao espanhol cando o Prestige) e maltratar uma empresa que supedita a racionalidade do mercado e as esixéncias da competéncia, sacrificando os seus posíveis benefícios, a prol do desenvolvemento do país que a fundou e ao que tanto aportou durante toda a sua história.

Hai dias nos que un érguese co pe esquerdo -o mais demagóxico dos dous que ainda conserva- lamentando que non sexa domingo para poder ir contemplar a espectacular fervenza do Xalhas.

(Parabéns ao Parlamento por elaborar leis positivas en caso de obrigado cumprimento e, nesta cuestión, ao Governo galego, ao presidente Touriño e ao vice-presidente Quintana por manteren uma postura racional en defensa do interese común).

segunda-feira, maio 8

O botafumeiro

Abandonaron a nave central, como corresponde a duas persoas dignas, o teólogo Xosé Chao Rego e mais o caricaturista Siro López.

· Adeus, irmáns, serenos (coluna de despedida de Xosé Chao Rego na Voz).

A penúltima cea

Xornalismo de investigación como Deus manda.

terça-feira, maio 2

Livro de estilo

Será esta a explicación de LA VOZ DE GALICIA sobre a censura imposta às discutíveis colaboracións de Ignacio Ramonet e Ramón Chao?

· Adicado ao dereito à información, à liberdade de expresión, e ao perfeccionismo do autor (e por se poidera ser constitutivo de flagrante rigor profesional), onde na coluna da Voz di "Tras meterle un buen facazo a la organización", na edición impresa pódese ler "Tras endosarle una factura con varios ceros a la organización".