quarta-feira, agosto 31

Operación retorno

O despregue de axentes e radares, as campanhas argalhadas e as medidas coercitivas son insuficientes para impedir un desenlace de consecuéncias impredecíveis.

terça-feira, agosto 30

Todo a zen

A xíria economicista, empresarial e científica domina todos os ámbitos da vida. A súa preséncia outorga profundidade e prestíxio ao discurso. Pero, demasiadas veces, os conceptos son mal conhecidos e comprendidos, abundando os erros de traducción. (Melhor será deixalo aquí para evitar a síndrome de Lázaro Carreter).
O caso é que parece case obrigado meter algún término desa caste para quedar de persoa modelna e, como tamén di a conselheira, “dinámica” ou o que faga falta.
Como cos gobernos e os amores eternos, tan só se sabe algo de como comeza a cousa.
Próxima estação, San Simón da Costa.

segunda-feira, agosto 29

Dogma 2005

Os grandes problemas da Humanidade (as guerras, a fame, o cambio climático e a desertificación, o desenvolvemento sustentável, o reparto da riqueza, a corrupción política, o final do verán) fan parte dun único feito, diante e detrás da visión pública.
(En todas as malas novelas, a solución, case no remate).

sábado, agosto 27

O alarde

Desde hai uns anos, algumas mulheres participan no desfile chamado o Alarde, en Hondarribia. Mesmo na estupidez, igualdade de dereitos.
E, aproveitando que Minho está xunto a Perbes, no Babelia de hoxe aparece publicado un artigo sobre a nova gravación de Mory Kanté.
O 18 de xulho (en que estaria eu pensando) escribín sobre el, mudándolhe o nome polo do Salif Keita, que xa pasou dabondo como para andarlhe eu transmutando a persoalidade.
Ben me dicia o filho mais novo do meu avó paterno:
“Nesta vida non te fíes nin do teu pai.”

sexta-feira, agosto 26

A primeira pedra

Quen estea libre de trabalho, que coloque a primeira pedra.

Promiscuidade

Da Axenda do diário impreso en galego de mais ampla difusión, dedúcese que Tourinho practica menos actos que Fraga Iribarne.

Délficas

—Non, mulher, non.

quarta-feira, agosto 24

Funambulismo

Manter o equilíbrio cos brazos, as pernas e a cabeza.

Incisivos e caninos

O tipo baixa pola rúa, achégase a el e dilhe:
—Que? Tas aí na porta coma un can.
O can dá a volta e déitase do outro lado.
(A Sardinheira, 24 de agosto)

terça-feira, agosto 23

A cabeza do Bautista

Un membro da brigada municipal contra incéndios de Celanova foi detido por mor da súa presunta implicación no lume acontecido en Rairiz de Veiga. Segundo outras persoas do servizo de extinción, vinha sendo sometido a vixiláncia desde hai un mes
—ainda que non existe constáncia da súa pertenza a organización política alguma— pois poderia ser autor doutros incéndios.

O pianista

Para alguma xente, un virtuoso; para outra, afastado da realidade.

Metalingüística

Un holandés residente na Alpujarra exemplificaba a proverbial mala follá granaína:
—Ese camareiro que, de súpeto, non te ve.

sexta-feira, agosto 19

Ponte de Lima

Con Zapatero, Espanha avanzou de Aznar a Suárez. Con José Bono, segue mais perto do Trillo con mar de Alborán e vento de Ponente que de Gutiérrez Mellado.

quinta-feira, agosto 18

Terra incógnita (II)

a polícia procura o matador
mas em Mangueira não existe delator

Marina Baptista e Benjamim Baptista

quarta-feira, agosto 17

Lei marcial

Se o senhor Bono (si, refírome ao cantante) de verdade quixera melhorar as condicións de vida dos militares espanhois, como proclamou en diversas ocasións aos catro ventos, poderia comezar por restablecerlhes os dereitos políticos e laborais dos que se ven privados cando ingresan nas Forzas Armadas.
Para conseguir o desenvolvemento duma sociedade democrática, o Estado teria que proceder, de seguido, á transformación dos corpos armados nun servizo de Protección Civil eficaz. Na Feira e Festa da Música e da Arte —quer dizer, o Festival de Pardinhas— as amáveis persoas encargadas deste servizo indicaban, como ponto de referéncia de atención sanitária, algún dos bares do recinto festivaleiro. E, ben mirado, pode que tiveran razón.

quarta-feira, agosto 10

Para xente normal*

*O título é roubado do slogan publicitário de José Antonio, da Flor de Montouto (nota do fusilador).

Tamén se pode falar da feira segundo se leu nela:

O meu avô era enfermeiro no Miguel Bombarda. Foi o meu avô que me ensinou a nunca usar o epíteto de “louco” para designar um gajo porreiro, um político esgrouviado ou um escritor pitoresco. A loucura não tem romance nenhum, é solidão, um fio cortado na ligação entre o mundo interior e o mundo exterior, quando não pior. Uma das muitas histórias que eu lhe ouvia em pequeno era a do médico —precisamente o dr. Miguel Bombarda— que um dia foi esfaqueado mortalmente por um psicótico e, apesar de esvaído em sangue, ainda teve forças para gritar: “Não lhe façam mal, é apenas um doente!” Creio que, se o meu avô tivesse surpreendido uma turba a ameaçar Salazar, diria o mesmo. Eu, graças a Deus, não sou assim.

Rui Zink, “Silvina”, em A Palavra Mágica e outros contos, Publicações Dom Quixote.

terça-feira, agosto 9

A verdade

Cando as forzas baixo o mando de Tejero entraran no Congreso, Juan de Dios Ramírez-Heredia, daquela deputado do PSOE, conta que se botara ao chan por dúas razóns. Como case todas as persoas que estaban no hemiciclo, porque comezaran a disparar. Mas el, ademais, sendo cigano, pola prevención atávica cara a Garda Civil.

sexta-feira, agosto 5

A despedida

Tu és meu Brasil em toda parte
Quer na ciência ou na arte
Portentoso e altaneiro.
Os homens que escreveram tua história
Conquistaram tuas glórias, epopeias triunfais.
Quero neste pobre enredo
Reviver glorificando os homens teus
Levá-los ao panteon dos grandes imortais
Pois merecem muito mais.

Autores: Cartola e Carlos Cachaza

quarta-feira, agosto 3

O drago

Hai uns meses, Fernando Delgado presentaba uma demanda contra Alfonso Ussía e o diário La Razón por publicaren uma coluna insultante cara a súa persoa. Ussía baseárase en informacións falsas recolhidas nun libro de Alfredo Urdaci, sobre umas supostas palabras do escritor canário no programa que dirixia e presentaba na SER.
Manuel Rivas acudiu en lóxica defensa do agraviado, salientando a súa bonhomia —“da noble estirpe do drago”, dicia na súa coluna de El País.
No segundo aniversário do afundimento do Prestige, un ouvinte galego plantexou no programa de Delgado que o caso do petroleiro era uma mostra máis do abandono secular ao que someteran á Galiza os distintos gobernos de Espanha.
Co ouvinte xa fóra de antena, Delgado e outros membros do equipo, a falta de razóns que contraponheren aos argumentos expostos, mofáronse do sotaque do galego.

Ego, me, mihi, me, mecum

Xuraria que, polo menos en latín, habia máis persoas que a primeira.

terça-feira, agosto 2

Transversal

Manipulando uma ideia de Nós-Unidade Popular: determinaçom e democracia.