sexta-feira, julho 28

Dereitos Lingüísticos (1)

Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

Artigo 38
Tódalas linguas e as culturas das comunidades lingüísticas deben recibir un trato equitativo e non discriminatorio nos contidos dos medios de comunicación de todo o mundo.

quarta-feira, julho 26

Todo pola pátria

Umas 50 persoas, entre elas dous policias municipais, precisaron atención sanitária e, cando menos, 2 persoas foron detidas despois dos enfrontamentos que grupos ilhados de nacionalistas mantiveron coas forzas da orde en Madrid, despois do partido Espanha-Franza, disputado o pasado 27 de Xunho.


Milheiros de radicais reuníranse arredor da Praza de Colón baixo as consignas de “a por eles, oé” e “Espanha, Espanha”, provistos de cócteles con sustáncias etílicas diversas. O lanzamento de obxectos à via pública e a destrucción de mobiliário urbano provocaron a intervención das forzas de seguridade e os altercados cos manifestantes.

O tráfico estivo cortado entre o Paseo de la Castellana, Colón, Goya e Serrano, mentres as brigadas de limpeza recolhian as toneladas de lixo deitadas polos espanhois, que reivindicavan un novo estatuto futbolístico para a sua Nación.

· Foto: Operários de limpeza na Praza de Colón, Madrid.
· Imaxe: O “ñ”, símbolo do Instituto Cervantes.
· Fotogaleria de El País: Desilusión no Mundial.

quarta-feira, julho 19

Simetria vertical

A repulsa do nazismo e do fascismo era, de seu, un ponto de coincidência e unidade entre as persoas e as forzas políticas demócratas.

· Foto de Jerry Lampen [como poderá comprovar quen siga lendo, non pretendo, en absoluto, relacionar esta imaxe co fascismo]: Un home tenta atravesar un control de seguridade británico para reunirse coa sua família na sitiada cidade de Basra (ou Basora), Iraq, 30 de Marzo de 2003.

Desde as correntes mais conservadoras dos Estados Unidos ou da Gran Bretanha, pasando polas chamadas sociedades civís da Franza ou dos países nórdicos até, sobre todo, da Alemanha e da Itália, os reximes totalitários pasados ou contemporáneos e os movementos neofascistas orixinavan uma condena categórica, sen demasiado esforzo e hipocrisias aparte.

En tres lugares públicos do Concelho de Oleiros (Parque José Martí de Santa Cristina, Parque Luís Seoane de Santa Cruz e Paseo Marítimo de Mera) desenvolvéronse as exposicións fotográficas correspondentes à segunda edición de Reve!a, Foro Internacional de Fotorreportaxe e Sociedade (en caso de non prorrogarse, hoxe seria o derradeiro dia).

No Parque de Santa Cristina, uma foto que non conseguin atopar na Rede, realizada por Jerry Lampen para a axéncia Reuters, fíxome reparar na andrómena esta do fascismo.

Entre várias dezenas de fotografias tiradas en lugares onde acontecen graves conflitos bélicos e humanitários, a imaxe —tomada por Lampen o 22 de Marzo de 2003— non seria, con certeza, nen a mais crua nen das mais atraíntes desde uma posível consideración estética: no centro do encadre, un iraquiano sae a pé da cidade de Basra cun colchón apoiado na cabeza e pasa —en apariência, indiferente— xunto a un blindado británico.

Na banda esquerda da imaxe, a silueta do tanque, pertencente à 7ª Brigada Courazada Británica, vese algo desenfocada, embora pódese ler a alcunha de guerra pintada no flanco dereito da máquina polos própios militares ao seu cargo: Pink Panzer, un xogo de palavras entre a Pantera Rosa dos debuxos animados infantís e os blindados do exército nazi, cos que tantas vitórias acadaran os alemáns sobre os británicos na Segunda Guerra Mundial.

segunda-feira, julho 17

Komunikando

Cando cheguei à Irlanda en 1986, comprovei que a meirande parte dos grupos de rock daquel tempo seguian as tendências da música americana e da británica, como se a cerna da que están feitos os músicos irlandeses non fora boa abondo. Esta autonegación producírase tamén no rock escocés dos 70 e dos 80; coido que alimentada polo xornalismo musical británico (...).

Pola contra, mentres trabalhavamos no
Fisherman’s Blues, en Galway, decateime da forza que se pode transmitir erguéndose desde a própia tradición" (...)

(Do texto escrito por Mike Scott para a nova edición, en dous CDs, de Fisherman’s Blues dos Waterboys, co álbum orixinal remasterizado e un CD con gravacións inéditas).

· Arriba, cartaz d’A Per Loca (CD de música feita na Galiza, salvo excepcións, e programación de concertos para este verao). Mais información en Komunikando.




· Na foto: Xosé Ferreirós, gaiteiro e multinstrumentista de Faíscas do Xiabre e de Milladoiro.

quarta-feira, julho 12

Células faciais e Hipótese Gaia

Alguns estudos estabelecen uma relación entre a rexión cerebral do córtex inferotemporal dos primates, clasificados ou non como humanos, e o reconhecemento de rostos alheos.

Un artigo publicado na revista Nature, recolhido por El País (06/07/06), defende a existência dumas chamadas “células faciais”, nas que residiria a capacidade de armazenamento duma série de rostos tipo, a partir dos cales cada indivíduo identificaria outros conxéneres.

Deste xeito, esta área cerebral entraria en funcionamento no proceso da formación de vínculos sociais, segundo o director do estudo, David A. Leopold, membro da Unidade de Neurofisioloxia Cognitiva do Instituto de Saúde Mental de Bethesda (Maryland). Tamén poderia contribuir à interpretación dos acenos de ledícia ou enfado.

A identificación levaríase a cabo por meio da determinación de elementos distintivos, como os olhos ou a configuración respeito do eixo de simetria vertical.

O mesmo dia en que El País publicava esta nova, o Jornal de Notícias informava sobre a discrepância manifestada por seis xornais de Vila Nova de Gaia verbo dos critérios de contratación da publicidade institucional por parte do governo municipal.

Os protocolos fixados polo Concelho estabelecian que os periódicos que asinaran os contratos cobririan “adequadamente” os actos públicos e actividades do governo e das empresas municipais.

No entanto, os xornais afectados fixeron público un comunicado no que manifestavan que nunca sentiran “qualquer tipo de pressão no caso de, por questões de agenda, não estarmos presentes nestes eventos”, mas entendian “que as coberturas das actividades da Câmara se reportam a todos os partidos que legitimamente o povo elegeu”.

Os asinantes reclaman que os protocolos funcionen como “regras” para fazer frente à “discriminação existente” nos últimos catro anos, na distribución da publicidade institucional entre os periódicos locais.

O semanário O Comércio de Gaia non participou neste comunicado conxunto alegando doenza da sua directora, que representou ao periódico na entrega por parte do alcaide da Medalha de Mérito Cultural e Científico – Grau Ouro, no Dia do Município, o pasado 28 de Xunho.

«Procuramos que estas homenagens sejam justas e sensatas, mas sem correr o risco da banalização», referiu Luís Filipe Menezes [presidente da Câmara Municipal de Gaia], evidenciando o exemplo de «comportamento cívico» das personalidades distinguidas [declaración extraída d'O Comércio de Gaia].

· Na foto, o presidente da Câmara Municipal de Gaia, Luís Filipe Menezes, entrega a Medalha de Mérito Cultural e Científico – Grau Ouro à directora d'O Comércio de Gaia, Maria Leonor Silva.

terça-feira, julho 11

Pavilhão-ponte

Será uma sobredose hormonal derivada da nutrición animal.

Pode deverse ao feito de termos atravesado xa hai tempo a idílica paraxe onde a primavera perde o seu casto nome. Con certeza, trátase tamén dun cadro sináptico preocupante para calquera persoa iniciada nos arcanos da fisio-alquímia neurolóxica.

Se a prisión preventiva é uma aberración, tanto humanitária como xurídica, a interrupción voluntária da actividade laboral privilexiada virá sendo a euxenia prática do agravo comparativo social.

· Imaxe: Recriación virtual do Pavilhão-Ponte proxectado pola arquitecta Zaha Hadid e ARUP para a Expo 2008 de Zaragoza.

sexta-feira, julho 7

De par en par (1)


Despois de ler algumas animaladas, con perdón das bestas, contra Teresa Moure e Diego Ameixeiras no foro da Arroutada, pódese chegar a pensar que algúns políticos mesmo rezarian para que o accidente do metro de València fora un atentado.

· (Foto: César Quián/La Voz)

quarta-feira, julho 5

O rabo

"A Consellaría de Sanidade recrimina a unha empresa por utilizar o galego na súa etiquetaxe" [web da CIG]

O Departamento de Normalización Lingüística da Confederación Intersindical Galega (CIG) acaba de ser coñecedor [27/06/06] do contido dun escrito do Servizo de Protección da Saúde da Delegación Provincial de A Coruña da Consellaría de Sanidade no que se recrimina á empresa Eurofruit Santiago SL pola utilización da lingua propia de Galiza.

Con base nun Real Decreto do ano 1999, que privilexia o uso do castelán fronte aos outros idiomas oficiais do Estado (feito dubidosamente democrático), o devandito Servizo de Protección da Saúde da Xunta de Galiza ameaza á empresa Eurofruit con “tomar as medidas oportunas” no caso de que non empregue o español na etiquetaxe dos seus produtos alimentarios, produtos que teñen como destinatarios os cidadáns galegos.


· Foto: Campo de Triscórnia, na Baía da Habana, onde eran retidos os emigrantes galegos antes de seren reclamados para trabalharen.

segunda-feira, julho 3

Os cornos

Coincidindo coa estadia do presidente da Xunta en Portugal, iniciouse hoxe a actividade do Mercado Ibérico de Electricidade (MIBEL), coa posta en marcha do Operador do Mercado Ibérico de Energia Português (OMIP), que estará integrado, en princípio, por sete empresas portuguesas e espanholas.

A altura de miras da imprensa galega e da axenda do devandito líder europeu impídelhes detérense nestas minúcias, mais próprias do nanofundismo informativo e político.

· Foto: Fervenza da desembocadura do Rio Xalhas no Ézaro, Concelho de Dumbria; web da Deputación da Corunha.

Na páxina do Operador português estabelécense os obxectivos fundacionais deste Mercado Ibérico:

O Mercado Ibérico de Electricidade (MIBEL), constitui uma iniciativa conjunta dos Governos de Portugal e Espanha, sendo um passo importante na construção do mercado interno de electricidade.

Com a concretização do MIBEL, passa a ser possível, a qualquer consumidor no espaço ibérico, adquirir energia eléctrica, num regime de livre concorrência, a qualquer produtor ou comercializador que actue em Portugal ou Espanha.

O MIBEL tem como principais metas:

· Beneficiar os consumidores de electricidade dos dois países, através do processo de integração dos respectivos sistemas eléctricos.
· Estruturar o funcionamento do mercado com base nos princípios da transparência, livre concorrência, objectividade, liquidez, auto-financiamento e auto-organização.
· Favorecer o desenvolvimento do mercado de electricidade de ambos países, com a existência de um preço de referência único para toda a península ibérica.
· Permitir a todos os participantes o livre acesso ao mercado, em condições de igualdade de direitos e obrigações, transparência e objectividade.
· Favorecer a eficiência económica das empresas do sector eléctrico, promovendo a livre concorrência entre as mesmas.