quinta-feira, abril 27

A teta e a lúa

O pequeno contributo do Estado para a correcção das desigualdades de rendimento é uma característica dos países do Sul da Europa. Para além de Portugal, também a Grécia, Itália, Espanha e Malta são países em que as transferências sociais pouco ajudam na diminuição do número de pessoas em situação de risco de pobreza.

(DIÁRIO DE NOTÍCIAS, 27/04/06. O texto à beira da foto corresponde a outra notícia).

terça-feira, abril 25

Patente de corso

LA OPINIÓN DE A CORUÑA encabezava a sua edición do pasado sábado cun titular que poderia estar perto da calúnia ao ex alcaide corunhés: “Vázquez xestiona como embaixador un empório imobiliario en Roma” (asi, ainda que en espanhol, na capa; na notícia ampliada no interior múdase “xestiona” por “administra”).

Como se non abondara coas suas actividades ilícitas mais evidentes, o xornal semelhava estar dando a entender que o actual embaixador espanhol no Vaticano estava a aproveitarse da misión diplomática para realizar negócios privados.

O control da información por parte dos meios non é uma cesión gratuita dun património cívico no que se fundamenta en boa medida o auténtico exercício da liberdade de opción política.

Calquera vulneración do dereito a receber —e o dever de transmitir— uma información veraz constitúe un grave atentado contra os princípios sobre os que se asenta a democracia real. A cuestionável prática deontolóxica na que está sumida a maior parte da imprensa na actualidade vai obrigar às persoas e às organizacións sociais a empreendermos accións xudiciais para a protección deste dereito.

sexta-feira, abril 21

O século das luzes

Hai que remontarse nas hemerotecas até onte para atopar a notícia da primeira celebración oficial do Dia das Letras Galegas por parte do Concelho da Corunha. E tivo que fuxir o condottiero por temor à acción da Xustiza, para que esta institución pública deixara de eludir criminosamente as suas obrigas sociais, políticas e xurídicas.

Mas, embora o que diga o tango, 23 anos son demasiados como para crer que ninguen pode actuar tanto tempo en solitário.

Na República Dominicana, o apoio duma camada de acólitos lambebotas ao sucesor de Rafael Leónidas Trujillo, traduciuse numa sutil máxima que mesmo chegou a tomar entidade como agrupación política: “O que diga Balaguer.”

Na cidade “cabeza, garda, chave, forza e antemural (!) do Reino da Galiza” —segundo reza no frontispício do seu palácio municipal— tamén existiu un pilar ideolóxico e propagandístico do nacionalismo recluínte propugnado polo alcaide Vasques.

O xornal que agora pretende lavar as maos da sua contribución servil ao vazquismo, aparte das suas próprias accións contra a língua e a cultura galegas —servíndose, ademais, de fondos públicos que tinhan que destinar para a sua defensa—, convertiuse durante todos estes anos nun auténtico bozo da Galiza real, plural e democrática.

(Afortunadamente, tamén hai xente como Xaquín Marín, Marina Mayoral, Xosé Carlos Caneiro, Camilo Franco, Miguelanxo Murado, Xesús Fraga, Tucho Calvo e moitos outros profesionais que puxeron a sua nota de normalidade entre tanta manipulación, propaganda e desinformación baratas).

Ainda que as atitudes estexan a mudar hipocritamente, as responsabilidades históricas non poden ficar impunes.

quarta-feira, abril 19

Captatio benevolentiae

Filosofia e Violéncias constitúe o cerne da presente edición da Semana Galega de Filosofia, organizada pola Aula Castelao.

Desde a sua coluna da Voz de Galicia, Marina Mayoral fazia un chamado racional ao “talento” e ao “trabalho, sen burlas e sen indignacións” para acadar uma linguaxe anovada, desprovista de carga ideolóxica androcéntrica.

Numa entrevista realizada semanas atrás para A Nosa Terra, a anterior coordenadora da Aula Castelao, Carme Adán, asegurava levar como declaración de princípios impresa en várias camisolas: “Somos malas, pero podemos ser peores.”

segunda-feira, abril 17

Literatura em Viagem

No blog Deriva das Palavras —que conhecin via Cabaret Voltaire— fálase do primeiro encontro Literatura em Viagem, organizado pola Câmara Municipal de Matosinhos (na bisbarra do Porto), que terá lugar esta próxima fin de semana, do dia 22 ao 24 de Abril.

· En sábado 22, Xavier Queipo participará na mesa “Que Faço Eu Aqui?”, xunto a Richard Zimmler e José Eduardo Agualusa.

· Por outra banda, Deriva das Palavras informa tamén da presenza amanhá, terça-feira (martes) 18, de João Pedro Mésseder nun Encontro sobre a sua escrita, organizado pola Universidade de Santiago. Ademais, haverá uma palestra acerca da Literatura infantil en Portugal.

segunda-feira, abril 10

Santos ofícios

Todas as comparacións adoitan seren pouco afortunadas; porén, hai algumas que resultan mais noxentas do que outras.

Un industrial arousan procesado por vários delitos contra a saúde pública, entre outros, foi interrogado polo fiscal sobre a veracidade do informe policial.

Os funcionários que procederan ao rexistro do seu domicílio aseguravan que atoparan o imputado agochado nun depósito de auga existente na vivenda.

O acusado negou a maior aclarando que, por mor das altas temperaturas rexistradas aquel dia, refuxiárase no lugar mais fresco da casa.

A cadea de radiodifusión propriedade da Conferéncia Episcopal Espanhola ven de ser expulsada da asociación que realiza o Estudo Xeral de Meios en Espanha (EGM), por intervir no proceso de elaboración das enquisas do devandito estudo.

José Antonio Abellán, responsável oficial da equipa de investigación da COPE encarregada da actuación, afirma que tentava demostrar, precisamente, que o EGM é facilmente manipulável.

quinta-feira, abril 6

A cantante cega

· JUSTIÇA RESTAURATIVA - A era da Criminologia Clínica
por Renato Sócrates Gomes Pinto (via Patologia Social).

”Vivemos um tempo de expansão da violência e da criminalidade ao mesmo tempo em que se percebe a ineficácia do sistema de justiça criminal —notoriamente incapaz de oferecer resposta adequada a esse fenômeno complexo e angustiante.” (Mais).

A boneca de Kafka

· No blog Incursões, tamén via Patologia Social, resénhanse dous títulos de xuristas espanhois (Bacigalupo Zapater, Gimeno Sendra, Moreno Catena, Torres-Dulce) sobre a necesidade de “promulgar un novo Código Procesual Penal que responda à Constitución e à nova expresión da sociedade democrática” e que supere a vixente Lei de Enxuizamento Criminal.

Prospectiva Nevski

É ben certo que o pior dos pesadelos pode materializarse cando vemos alguns sonhos feitos realidade.

terça-feira, abril 4

A habitación chinesa

Uma reportaxe publicada, uns dias atrás, no diário AVUI asegurava que mais de 2000 persoas están a aprender chinés en Barcelona. A crecente importáncia do país asiático na economia mundial levaria a alcanzar esa cifra, desde os 300 estudantes de língua chinesa que havia na cidade no ano 2003.

O director de Proxectos Educativos da Casa Àsia de Barcelona, Òscar Pujol, mantén ao respeito desta situación que “até hai pouco, os chineses tinhan a conciéncia de seren pobres. Polo tanto, consideravan que eran eles os que tinhan de aprender línguas estranxeiras; nomeadamente, inglés. Mas todo isto mudou.”

O ensino e difusión da língua e cultura chinesas canalízase internacionalmente através do Instituto Confúcio, fundado en data tan recente como 2004 —ainda que xa existian outros organismos a menor escala—. O autor da reportaxe compara esta institución —que logo acadará as 100 sedes en diferentes países— co Ramon Llull catalán, o British Council e o Instituto Goethe.

En Barcelona pódese estudar chinés na Casa Àsia, na Escola Oficial de Idiomas, na Universitat Pompeu Fabra, na Universitat Autònoma e na Universitat Oberta de Catalunya. Cada vez mais académias privadas —e mesmo algumas escolas (como língua extracurricular, fora do horário lectivo)— oferecen a sua ensinanza.

segunda-feira, abril 3

Bodas, banquetes e funerais

· Contava Joaquín Estefanía na sección de Necrolóxicas do PAÍS de sábado pasado que, hai uns anos, Simón Sánchez Montero
—veterano militante comunista, como se adoita dizer nestes casos— fora ingresado nun hospital en estado moi grave.

Nesa xeira, Estefanía era director da sección de Opìnión do xornal madrileno. Con pouco tacto, como el mesmo reconhece nesas linhas
—ampliando, ademais, esa virtude à condición de periodista—, decidiu encarregarlhe a Santiago Carrillo uma necrolóxica de Sánchez Montero.

Carrillo rexeitou a proposta mas perguntou onde estava internado o seu antigo camarada, do que se afastara cando este abandonou o Comité Central do PCE en 1991, e achegouse até o hospital para abrazar o companheiro.



· Na sempre árdua tarefa de conciliar a vida persoal e a laboral, o presidente da Xunta parece confundir a crítica política de interese xeral aos seus parceiros de governo, coa xa case esquecida función duma brigada político-social.

Experiente no tratamento da doenza, o Vice-Presidente da Igualdade e do Benestar recomenda administraren humor e quina.