sexta-feira, junho 30

Rotativa

"Paulo Neves inaugurou obra no Palácio Real"
(Jornal de Notícias, 30 de Xunho de 2006)

Acaba de ser inaugurada em Espanha, na Corunha, a escultura "Roda", em mármore de Estremoz da autoria do escultor português Paulo Neves.

A peça, encomendada pelo Município da Corunha, está desde há dias exposta nos jardins do Palácio "Paços Mariña", local onde os reis de Espanha tradicionalmente passam as suas férias de Verão.

Com um metro e oitenta e cinco de diâmetro a escultura de Paulo Neves representa, segundo o próprio disse ao JN, "o movimento da vida, no fundo, tudo gira e a roda deixa, naturalmente, marcas". (...)

... acrescentou, revelando que a peça agora ali presente pretende essencialmente registar e assinalar o percurso da vida do comum dos mortais.


· Rascunho a rodapé para pessoas não galegas:

Quixera aclarar que non se trata de Palácio Real nenhun. Os reis de Espanha non pasan ali as suas férias, nen tradicional nen excepcionalmente. O lugar chámase Pazo Marinhán (oficialmente, Pazo de Mariñán). Témome que a peza non foi encomendada polo Município da Corunha, mas pola Deputación provincial.

Xa non sei se ousar dizer que o pazo está ubicado no Concelho de Bergondo, pro-víncia da Corunha, e que A Corunha está na Galiza (mentres non se acade o contrário, dentro da Espanha ou Ex-panha, no idiolecto dun respeitável e afamado xornalista).

Prefiro acreditar cegamente nos dados de material e diâmetro da escultura.

Ligazóns:

· I Simpósio Internacional de Escultura (Deputación da Corunha)

· Mariñán inaugura o seu xardín das esculturas (Galicia Hoxe, 16/06/2006)

quinta-feira, junho 29

ISAAC DÍAZ PARDO: "Dereito a sentirnos traicionados"

· Publicado en Galicia Hoxe (texto completo, aqui):

A realidade é outra da que dan, en xeral,os medios sobre o "affaire" de Sargadelos, cando preguntan a todos menos a min.

Sr. Santiago Sineiro, avogado e até hai poucas semanas administrador de Sargadelos, quen recibeu as súas participacións sociais na empresa gratuitamente, igual que a súa señora, tamén gratuitamente, as que ten no Seminario de Sargadelos. (...) [Mais]

· Foto de Díaz Pardo en Magdalena, Arxentina, 1963.

terça-feira, junho 27

O índice

A imprensa comezou a morrer o dia en que perdeu o seu rol histórico no mercado. Cando as grandes superficies comerciais desbancaron ao estabelecemento multiservizo do rural e mais às prazas de abastos e às pequenas loxas de bairro nas vilas e cidades, velaí o princípio da fin. Outros usos hixiénicos fóranse dando a esquecemento.

Aos meios que non viven do imposto revolucionário nen do ouro de Moscovo abondarialhes con mostraren un mínimo de respeito (chamémoslhe “intelectual”) pola audiência. Deixando de lado a profesionalidade e mais a calidade do trabalho de documentación e transmisión da información (sexamos realistas, que para algo nos agardan a resurrección e a vida eterna),
a manipulación, a falsidade, a ocultación e a terxiversación son mais facilmente detectáveis que calquera gralha ou malformación sintáctica e, ademais, sen necesidade de programa informático nengun.

Mas aqui, quitados os enfrontamentos entre os competidores direitos e os oligopólios mediáticos, todo fica dentro da mesma confraria e parróquia virtual do para-olimpo periodístico. Hoxe por ti, manhá por min; cada un na sua casa e o silêncio corporativo na de todos.

Que razón de ser pode ter un Coléxio de xornalistas que tolera a censura aberta ao Ramonet e ao Ramón Chao, sen irmos mais lonxe?

(Pido desculpas a quen merece reconhecemento polo seu trabalho, cando o problema destas lérias é que os de sempre seguen campando ao seu antoxo, créndose uns fenómenos da comunicación, e as únicas persoas às que lhes importa algo disto son as que xa adoitan fazeren o que está na sua mao).

En canto à comédia da presunción de inocência, en Euskal Herria a xente non-abertzale lavávase as maos sobre a sua responsabilidade nos asasinatos e demais atentados de ETA, cuma autoxustificación fondamente interiorizada cara as vítimas: “algo faria”, pensavan e dizian. E na Galiza, para uma vez que os políticos case cumpren coa sua obriga, velaí van os meios detrás a traduzírenlhes en palavras a pantomima legalista.

Seria, entón, procedente a presentación duma iniciativa parlamentar que proponha a paralización das subvencións aos centros de ensino dependentes da Igrexa Católica —e dos seus brazos empresariais—, mentres a Conferência Episcopal non condene e impida as práticas pederastas dalgun membro do clero? Seria lexítimo relacionarmos Igrexa ou Xerarquia e pederastia?

Penso que xa vai sendo tempo de escoitarmos o rexeitamento oficial sincero do terrorismo de Estado, por boca das Cortes, do Governo espanhol e do PSOE.

Pode ser certo que todas sexamos iguais perante a Lei. Mas, polo visto, a realidade, a história e moitos versículos tamén prescreven.

segunda-feira, junho 26

BLOG "Falamos galego. En positivo"

Colo parte da Presentación de "Falamos galego. En positivo", blog criado por Marcos Valcárcel e Afonso Vázquez-Monxardín.
Conta con artigos de Xurxo Sierra Veloso, Alfredo Conde, Manuel Bragado, Helena Villar Janeiro ou Víctor Freixanes e notícias de diversos xornais relacionadas coa língua:

Dende hai un par de meses hai un ruxe-ruxe polo mundo cultural galego e tamén polo mundo das bitácoras galegas arredor da necesidade de buscar un novo estilo de defensa da nosa lingua. Un novo estilo que se define na cabeceira desta mesma bitácora, “Falemos galego. En positivo”, e que pretende buscar tamén un novo discurso que poña sempre en primeiro plano os aspectos positivos da recuperación do idioma e non aqueles, negativos e mesmo de confrontación agresiva, que xa son demasiado subliñados nos medios de comunicación tradicionais. (...)

O paso seguinte precisa da colaboración de todos/as vostedes: agardamos polas súas reflexións e pertinentes tomas de posición que serán trasladadas a este espazo virtual para que o debate prosiga e nazan novas ideas e propostas, sempre en positivo. Todos e todas aqueles que queiran participar só teñen que mandar as súas reflexións ós enderezos que figuran na cabeceira desta bitácora e serán aquí reproducidos ó dispor de todos os interesados en que o noso idioma poida gozar das “mil primaveras máis” que soñou o señor de Mondoñedo, don Álvaro Cunqueiro.

· Benvidos, presentación (texto completo).

quinta-feira, junho 22

Fora de órbita

Melanchton (1541) vai alén: considera absurda a nova teoria e quere que as autoridades intervenhan para impediren a difusión dumas ideas que ameazan à sociedade constituída sobre o sentido común, a física aristotélica e a Sagrada Escritura. O argumento da orde pública aparecia de novo como na época de Aristarco. E se polo lado católico a reacción foi algo mais tardia, non por iso foi menos violenta.

(Juan Vernet, Astroloxia e astronomia no Renacemento. A revolución copernicana, El Acantilado)

· Imaxe superior: De Revolutionibus, autógrafo de Copérnico (data aproximada: 1520. A primeira edición saiu a lume en 1543).

· Copérnico, De Revolutionibus, editado en Basilea [1566].

segunda-feira, junho 19

Código de barras

“A agresividade vese hoxe restrinxida e suxeita por meio duma série considerável de reglas e de conviccións que remataron converténdose en autocoaccións. A agresividade transformouse, refinouse, civilizouse, como todas as demais formas de prazer e tan só se manifesta algo da sua forma imediata e irreprimível nos sonhos ou en explosións ilhadas que adoitamos tratar como manifestacións patolóxicas.

... un control social mais intenso, ancorado na organización estatal, domina as manifestacións da crueldade, a alegria produzida pola destrución e os sofrementos alheos, e mais a afirmación da superioridade física.”

(Norbert Elias, O proceso da civilización. Investigacións socioxenéticas e psicoxenéticas, Fondo de Cultura Económica; tradución ao espanhol de Ramón García Cotarelo)

Foto: Silvia Bach/Terra

· Amanhã, terça-feira/martes 20, debate sobre a imigración africana no programa Enfoque (La 2, 22.30).

quarta-feira, junho 14

O hábitat e o monxe

O pasado dia 9, na Cadea SER comentaron un artigo de Robert Fisk publicado en La Vanguardia sobre Abu Musab Al-Zarqaui, morto nun ataque aéreo das forzas estadounidenses no Iraq. Segundo o xornalista britânico, as circunstáncias polas que os servizos de información dos Estados Unidos vencelhavan ao xordano con Al-Qaida semelhavan pouco consistentes. Fisk mencionava, como principais provas, a entrevista mantida por Al-Zarqaui con Osama Ben Laden e o seu posterior traslado a un “miserável val” ao Nordeste de Bagdad.

Con certa frecuência, os meios transmiten nas suas informacións algún dado sobre o lugar onde se deslocan os persoeiros nos que centran o seu interese. Así, Bush descansava nun rancho, Juan Carlos Borbón desfrutava da neve na estación de Baqueira-Beret, Fraga Iribarne retirávase co seu governo a un mosteiro durante a Semana Santa.

Porén, as referências periodísticas às moradas da xente ilustre nunca consideraron relevante fazeren mención à orografia do contorno: se o rancho estava situado numa amena planície, a residência réxia nun cume escarpado ou o mosteiro galego na beira duma serena lagoa.

Anos atrás, producíronse na Espanha diversos conflitos racistas nos que alunos ciganos eran rexeitados dos seus centros de ensino. Despois de os rapaces discriminados seren trasladados a outra escola, a vozeira dun centro quixo apaciguar os ánimos declarando que “os pais” (ainda non existia a corrección política de sexo no Reino) podian ficar tranquilos.

Naquel tempo, nengun estudo científico demonstrara a perda da capacidade biolóxica da reprodución no povo cigano.

segunda-feira, junho 12

O doente público

HOXE, às 23.30 (hora peninsular espanhola), na TVG:

SOMOS UNHA POTENZIA”, con Carlos Blanco.

No entanto, a televisión pública galega precisa tamén —ademais desta viagra agridoce para a autoestima— dun programa coas características de
Hai Debate!
O dia e o horário de emisión, a selección e a distribución dos asuntos dentro de cada espazo ou os critérios de elección dos convidados podian ser discutíveis; porén, a sua moderadora, Sonia Vizoso, realizou un trabalho mais que aceitável dentro dun ámbito demasiadas vezes submetido a contínuas presións políticas.

Esperemos que a dirección decida a volta do programa, con liberdade de acción e continuidade. (Despois do verao?).

quarta-feira, junho 7

Ordem e progresso

Manifestantes do Movimento de Libertação dos Sem Terra (MLST), grupo constituído en agosto de 1997 por disidentes do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST) e militantes de esquerda, irromperon onte na Câmara dos Deputados brasileira. (Foto: EFE).
Entre as persoas detidas está Bruno Maranhão, secretário nacional de movimentos populares do Partido dos Trabalhadores, organización que fai parte do Governo e repudiou a ocupación.

En Setembro de 2005 artelháronse manifestacións por todo o Brasil en contra da corrupción e a prol da reforma política.


· Foto: Eraldo Peres/AP

“No Brasil existem hoje 20 milhões de pessoas desempregadas; 14 milhões que não têm uma casa para morar; 50 milhões são indigentes; 80% é semi-analfabeta (ou sabem quando muito escrever o primeiro nome); é um país onde 1% dos proprietários rurais possui 46% das terras do país, um dos que concentra o maior rendimento a nível mundial e, ao mesmo tempo, produz uma das maiores desigualdades sociais.” (Vanderlei Martini, membro do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra)

segunda-feira, junho 5

Revelações

· Hieronymus Bosch, O Xardin das Delícias Terrenas (panel central), 1504

O acto foi seguido desde primeira hora por decenas de miles de cidadans, que provistos de abanos e garrafas de auga, desafiaron a intensa calor: perto de 37 graos ao sol, segundo indicava o termómetro situado ao pé da tribuna de autoridades. (...)

Especialmente aplaudido foi o paso dos integrantes da Garda Civil e a Lexion, cuxa mascote, uma cabra, foi recebida con berros de “Guapa, guapa”.


(La Voz de Galicia, 29/05/06)

quinta-feira, junho 1

En ofensa própria

O Grupo de Estados contra a Corrupção (GRECO), do Conselho da Europa, tornou ontem [24 de Maio] público o relatório sobre o combate ao crime económico relativo a Portugal. Além da "falta de uma estratégia de combate à corrupção", o relatório resulta num retrato que pode ajudar a compreender as razões para a falta de resultados (...)

(Público, 25 de Maio de 2006)