segunda-feira, janeiro 30

Dialéctica

Do zoroastrismo à esquerda hegeliana, os antagonismos fixeron mudar o mundo. Luz e escuridade, gregos e persas, Yihad e Cruzada, Razón e Fé, a Gran Colómbia e a Espanha, o Lenine e a Operação Triunfo.

Nos nosos dias, o conflito materialízase no dualismo entre neoliberais e altermundialistas, constitucionalistas e independentistas, reintegracionistas e isolacionistas, autores e editores.

Se ben é certo que ceder perante o oponente sen contrastarmos a sua visión coa nosa própria aproxímase muito ao desprezo de "darlhe a razón como aos idiotas", non resulta menos absurdo mantermos uma postura contra toda lóxica.

Uma máxima do grande estoico da Bética sintetiza esta dualidade à perfección: “Daria meia vida por defender as ideias dos nacionalistas; a outra meia precísoa para evitar que consigan levalas a termo”.

quarta-feira, janeiro 25

Os imprescindíveis (III)

Sobre a polémica dos chamados dereitos de autor, Manuel Bragado aclara hoxe na Voz que o início, hai 26 anos, do seu pagamento por parte de Xerais “arrastrou a outras empresas a facelo”.

Pilar Sampil, xerente de Galaxia, editora que paga “relixiosamente aos autores dende hai 24 anos”, asegura que “hai un ruxe-ruxe por problemas puntuais de alguén, pero non se pode xeralizar”.

Para Miguel Anxo Fernán Vello, presidente da Asociación Galega de Editores, criador de Espiral Maior e ademais autor, “involucrar á administración no control dos dereitos está fóra de lugar, porque non lle compete ser árbitro cando existe un contrato privado” e lembra “que, en caso de se incumprir, están os xulgados competentes na materia para intervir”.

Prosegue dizendo Fernán Vello que no mercado do livro galego resulta “inviable o pago de dereitos de autor en tempo e forma, sobre todo cando se trata de poesía, xénero no que hai autores que propoñen pagar eles a edición”.

Xosé Henrique Acuña, de Edicións A Nosa Terra, afirma que “non temos débedas voluntarias (?) con ningún dos nosos autores” e remata por conceder: “aínda que haxa quen negocia publicación sen dereitos”.

Tamén é interesante a chamada ao sosego que fai o presidente da Asociación Galega de Editores cando deixa cair que “É o que hai, e se houbese corsés as editoriais non apostarían por autores novos”.

terça-feira, janeiro 17

A canción de Roldán

Agora que a democracia espanhola está xa madura e firmemente consolidada, pode ser positivo botar a vista atrás.

O PSOE e o primeiro director xeral non militar da Benemérita atribuian as primeiras críticas a sua xestión do instituto armado á condición de civil deste singular personaxe, posteriormente novelado por Vázquez Montalbán, numa sociedade na que o Exército ainda era o principal poder fáctico.

Jordi Pujol desviava a atención sobre as próprias responsabilidades nos escándalos económicos nos que tanto el como membros da sua família se viron involucrados, acolhéndose ao sinxelo, embora eficaz, sistema de suplantar a identidade da sempre etérea Catalunya.

Mais sensível, humano e convincente, Juan Guerra, destacado irmao do vicepresidente livreiro, xustificava a adquisición dun cavalo asegurando que o mercara para achegar a ledícia a uns cativos “mais mortos que vivos” que nunca viran un animal desa espécie.

sexta-feira, janeiro 13

Os séculos imbéciles

Os membros do Partido Popular Revolucionário da Mongólia abandonaron o governo de coalición, após as movilizacións populares dos últimos dias, pola ineficácia do Executivo na súa política contra o estancamento económico e a corrupción.

quarta-feira, janeiro 11

Cousa nosa

Como votante do BNG, poderia agardar peores resultados, transcorridos mais de seis meses de governo:

· Incremento de cargos intermédios na Administración galega, agravado co engano da redución aparente de altos cargos.
· Acordo para establecer un aumento dun 10% nos soldos dos deputados.
· Nepotismo (mulher do conselheiro de Presidéncia, nomeada vicepresidente do Conselho Escolar), clientelismo e endogámia.
· Meios de comunicación afíns ou dependentes permanecen silandeiros, son silenciados ou manipulan a información, vencelhando a sua orixe co Partido Popular.

Ao BNG cómprelhe pasar da situación actual de demagóxia e mera imaxe ao trabalho efectivo e a actividade política.
Ao votante quédalhe o recurso de emprender accións políticas e legais.

quinta-feira, janeiro 5

Fina estampa

Uma emisora de rádio facíase eco, esta manhá, dos comentários despectivos que outros meios fixeran da indumentária de Evo Morales. Un dos colaboradores do programa en cuestión quixo louvar o xersei do presidente boliviano asegurando que se tratava duma prenda muito cara.

Muitas persoas da Galiza desexan adheriren ao carro dos estados mais desenvolvidos do planeta. Apesar das graves contrapartidas que sofreu nomeadamente o sector primário, mas sen deixar de constituírense nuns esmoleiros da Unión Europeia, prefiren esquecer as outras filhas de Rosalia espalhadas polo mundo.